Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:Castell de Cabrera.jpg|270px|miniatura|Castelo de [[Cabrera]]]]
O '''Parque nacional do Arquipélago de Cabrera''' é un conxunto de [[illote]]s [[España|españois]] pertencente ao [[Illas Baleares|arquipélago balear]] que foi declarado [[Parque Nacional]] Marítimo Terrestre o [[29 de abril]] de [[1991]] mediante a Lei 14/1991.
 
Ten un gran valor natural, xa que, debido ao seu illamento ao longo da historia, chegou ata os nosos días practicamente inalterado: a paisaxe litoral de [[Cabrera]] pódese considerar un dos mellor conservados das costas españolas, e un dos mellores de todo o [[Mediterráneo]]. Acubilla así mesmo importantes colonias de [[Ave mariña|aves mariñas]] e [[especie]]s [[Endemismo|endémicas]]. Debido á súa riqueza biótica e á abundancia e variedade de [[aves]], tamén foi declarada como [[ZEPA]] (Zona de Especial Protección para as Aves). Tamén é [[Lugar de importancia comunitaria]], así que está integrado na [[Rede Natura 2000]]. Ten tamén a categoría de [[Zona especialmente protexida de importancia para o Mediterráneo]] (ZEPIM) do protocolo de áreas mariñas protexidas do [[Convenio de Barcelona para a protección do Mar Mediterráneo]].