Neustria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
m →‎top: Arranxos varios
Liña 5:
A [[Clotario I]] o Vello deulle Neustria, a [[Teodorico I, rei franco|Teodorico I]] deulle [[Austrasia]], a [[Sexismundo]] deulle [[Borgoña]] e a [[Khildeberto I]] deulle [[París]].
 
O territorio de Neustria cubría a rexión noroeste da actual [[Francia]], e a súa capital era [[Soissons]].
 
Con todo, o termo Neustria (derivado de Niuster «o máis novo») só parece xurdir un século despois. O triunfo de [[Clotario II]] en [[613]] foi o triunfo de Neustria, á que se anexou a [[Aquitania]]. Pero, trala morte de [[Clotario III]], Neustria foi sometida a un rei imposto por Austrasia, e dese modo Aquitania pasou a ser independente en [[670]]. Ebroïn fixo o intento de volver dar a Neustria o estatuto de reino independente, pero durou pouco tempo, pois foi vencido en [[687]] en [[Testry]], aldea de [[Picardía]] situada 13  km ao sur de [[Péronne]], por [[Pipino]], duque de Austrasia. A partir de entón, Neustria pasou a ser un estado vasalo de Austrasia, dirixido pola casa de Heristral. Con todo, a distinción entre Neustria, Austrasia ou Borgoña subsistiu, aínda que tendendo a perderse; así, tralo tratado de Verdún de [[843]], o nome de Neustria designaba apenas o oeste da Baixa Neustria. Finalmente perdeu o seu nome para tomar o de [[Normandía]] (en francés, ''Normandie'', orixinalmente ''Northmannie''), unha vez que foi cedida ao normando [[Rollon]] en [[912]].
 
== Longobardos ==