Alameda de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
m Arranxos varios, replaced:

(3)
Liña 4:

== Situación e composición ==
Situado a medio camiño entre dous dos elementos máis emblemáticos da cidade, o [[USC|Campus Sur]] da [[Universidade de Santiago de Compostela|Universidade]] e o [[Casco histórico de Santiago de Compostela|casco histórico]], a súa composición actual é o resultado de varias ampliacións e restauracións que hoxe en día conforman un magnífico patrimonio [[arquitectura|arquitectónico]] e [[botánico]] que, aínda que recibe o nome xenérico de '''''Alameda''''', está constituído por tres zonas ben diferenciadas:<ref name=PA> [http://www.santiagoturismo.com/parques-e-xardins/parque-da-alameda Parque de la Alameda] en Turismo de Santiago {{es}}.</ref> <ref name=SEC/>
* O [[Paseo da Alameda de Santiago de Compostela|Paseo da Alameda]],
* A [[Carballeira de Santa Susana]] e
* O [[Paseo da Ferradura]], ou '''Paseo dos Leóns''', que [[Otero Pedrayo]] cualificou como "o parque e paseo máis nobre de España".<ref name=SEC>[http://www.cameliagalicia.com/santiago.html Alameda de Santiago de Compostela] en SEC (Sociedad Española de la Camelia {{es}}.</ref>

A unidade así formada é, desde o [[século XIX]], o máis importante punto de referencia dos paseos e do ocio dos santiagueses, un espazo moi acolledor, unha especie de salón natural, moi visitada tamén polos turistas. A súa situación privilexiada, bordeando unha parte da cidade histórica —e cunha magnífica perspectiva sobre a súa fachada oeste, a máis monumental— converteuno no principal [[xardín|xardín urbano]] da cidade, destacando ademais pola variedade e porte das súas [[especie]]s [[árbore|arbóreas]] ornamentais, como o conxunto dos [[Quercus rubra|carballos]], os espléndidos [[eucalipto]]s ou a pérgola con vistas cara ao [[monte Pedroso]], a ''Residencia'' (actual [[USC|Campus Sur]] da [[USC|Universidade]]) e os arredores do sur da cidadde de Santiago, que compoñen os [[Castiñeiro de Indias|castiñeiros de Indias]] no Paseo da Ferradura.<ref name=PA/>

O paso do tempo foi deixando pegadas na súa ordenación espacial, como se pode apreciar no paseo central, con tres corredores diferenciados para as distintas [[Clase social|clases sociais]] do século XIX, no ''case'' [[Arco de triunfo|arco triunfal]] que dá acceso ao Paseo dos Leóns, ou na disposición de terrados (''parterres''), fontes e estanques. E tamén nas súas edificacións decimonónicas, modernistas e actuais (igrexa do Pilar, pavillón de Recreo Artístico e Industrial, único edificio que queda da [[Exposición Rexional de 1909|Exposición Rexional Galega de 1909]], palomar, quiosco da música, banco acústico, etc., na abundancia e formas das súas estatuas e esculturas, e no seu mobiliario, especialmente os bancos [[granito|graníticos]] con artístico respaldo de [[Ferro fundido|fundición]] da famosa fábrica de Sargadelos, que contaba co pimeiro [[alto forno]] de [[España]], creada por [[Antonio Raimundo Ibáñez]], [[marqués de Sargadelos]].<ref name=PA/>

== Historia ==
No [[século XII]], o [[arcebispo Xelmírez]] mandou construír unha [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]] para albergar as reliquias de [[Susana de Roma|Santa Susana]], templo que foi remodelado nos [[Século XVII|séculos XVII]] e [[Século XVIII|XVIII]], e que está hoxe rodeado por máis de 300 [[Carballo común|carballos]] centenarios que forman unha magnífica carballeira (a [[carballeira de Santa Susana]]).
En [[1546]], o [[nobre]] [[Santiago de Compostela|compostelán]] [[Rodrigo de Moscoso Osorio e Álvarez de Toledo]], [[Condado de Altamira|V conde de Altamira]], doou unhas terras agrícolas para uso e goce dos [[Santiago de Compostela|santiagueses]].
No ano [[1835]], o [[Santiago de Compostela|concello de Santiago]] iniciou a creación do Campo da Estrela,<ref>Situado na actual rúa do Campo da Estrela.</ref> e máis do Paseo da Ferradura, que rodea a carballeira de Santa Susana.<ref name=SEC/>
En [[1885]] dúas grandes figuras escultóricas con forma de león foron trasladadas desde a Porta Faxeira, sendo colocadas na entrada do Paseo da Ferradura, percorrido semicircular que bordea a Alameda. Desde entón, este treito recibe o nome de Paseo dos Leóns.<ref>[http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/16784/paseo-dos-leons?langId=es_ES Paseo dos Leóns] en turismo.gal</ref>

== Datos de interese ==
Liña 44:
{{Artigos sobre Santiago de Compostela}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Parques de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Xardíns de Galicia]]