Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎Obras teatrais: Arranxos varios
Liña 44:
''Le Tricorne enchanté'' (O tricornio embruxado) sitúase no século VII. Nela un vello, Géronte, que quere casar cunha muller fermosa namorada doutro é enganado e ve como os dous amantes cavan xuntos. Ë unha obra leda con final feliz.
 
''La Fausse Conversion'' (A falsa conversión) é unha obra satírica en prosa publicada na revista ''Revue Des Deux Mondes'' en marzo de [[1846]] que, coma moitas outras de Gautier, non se estreou en vida do autor. A acción transcorre no século XVIII e é considerada por algúns como antifeminista, expresando a opinión de Gautier sobre o papel da muller como fonte de pracer.
 
''Pierrot Posthume'' é unha breve comedia de fantasía inspirada na “[[comedia dell’arte]]”, que desenvolve unha vez máis o tema do triángulo amoroso e acaba ben.