Rómulo e Remo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 5:
No ano [[-753|753 a.C.]], ambos comezaron a construír a cidade xunto ao monte Palatino cando, segundo a [[lenda]], Rómulo matou a Remo por atravesar sacrilexamente o ''[[pomoerium]]''. Tras a fundación da urbe, Rómulo invitou a criminais, escravos fuxidos e exiliados para lles dar asilo na nova cidade, chegando así a poboar cinco dos sete outeiros de Roma. Para conseguir esposas aos seus cidadáns, Rómulo convidou aos [[sabinos]] a un festival, onde [[Rapto das sabinas|raptou as mulleres sabinas]] e levounas a Roma. Logo da conseguinte guerra cos sabinos, Rómulo uniu os sabinos e os romanos baixo o goberno dunha ''diarquía'' xunto co líder sabino [[Tito Tacio]].
 
Rómulo dividiu a poboación de Roma entre homes fortes e aqueles non aptos para combater. Os combatentes constituíron as primeiras [[Lexión romana|lexións romanas]], mentres que o resto se converteron nos [[Plebe|plebeosplebe]]os de Roma, e de todos eles, Rómulo seleccionou a 100 dos homes de máis alta liñaxe como senadores. Estes homes foron chamados [[patricio]]s, e os seus descendentes serían considerados como a casta nobiliaria romana. Tras a unión entre romanos e sabinos, Rómulo agregou outros 100 homes ao Senado.
 
Tamén baixo o reinado de Rómulo se estableceu a institución dos [[augur]]es como parte da [[relixión romana]], así como os ''Comitia Curiata''. Rómulo dividiu á xente de Roma en tres tribos: