Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
{{Coordenadas|42|53|0.2|N|8|32|30.09|W|display=title}}
[[Ficheiro:Hospital San Roque Santiago.jpg|miniatura|200px|Portada do Hospital.]]
O '''Antigo Hospital de San Roque''' de [[Santiago de Compostela]] é un [[edificio]] orixinario do [[século XVI]], que foi reformado no [[século XVIII|XVIII]].
 
Na actualidade, e tras da súa compra pola [[Xunta de Galicia]] e a súa rehabilitación a finais do [[século XX]], o edifcio serve de sede a diversas institucións culturais da cidade.
 
== Localización ==
Está situado no alto da [[Rúa das Rodas (Santiago de Compostea|rúa das Rodas]], onde comeza a [[Rúa de San Roque (Santiago de Compostela)|rúa de San Roque]], no nº 2 desta rúa.<ref name=ST>[http://www.santiagoturismo.com/monumentos/antigo-hospital-e-igrexa-de-san-roque-7 Antiguo Hospital e Iglesia de San Roque] en Santiagoturismo.com.</ref>
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Antigo Hospital de San Roque, Santiago de Compostela (4471289592).jpg|miniatura|300px|Claustro do Hospital.]]
 
Terminado en [[1583]],<ref name=ST/> o hospital foi inaugurado en [[1578]] polo [[arcebispo]] [[Francisco Blanco]] para acoller aos afectados polas terríbeis [[epidemia]]s de [[peste]] que asolaron a cidade no século XVI,<ref name=TG>[http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26286/antigo-hospital-de-san-roque?langId=es_ES&tp=9&ctre=39 Antigo Hospital de San Roque], en Turismo.gal.</ref> dedicándose a [[Roque de Montpellier|San Roque]] por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta [[enfermidade]].<ref name=ST/>
 
O deseño do edificio encargouse a [[Gaspar de Arce]], [[mestre de obras]] da [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral de Santiago]]. Da súa antiga traza só conserva a [[portada]] [[renacentista]], xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII.<ref name=ST/> A súa estrutura conta cunha [[planta (arquitectura)|planta]] rectangular e un [[claustro]].<ref name=TG/> Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A [[fachada]] segue a estrutura dun [[arco de triunfo]]: sobre as [[pilastra]]s [[Orde toscana|toscanas]] levántase un [[arco de medio punto]] apoiado en [[imposta]]s. A continuación, un [[entablamento]] sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos [[Cosme e Damián]], os imáns xemelgos que practicaban a [[medicina]] gratuitamente.<ref name=TG/>
 
Do interior cabe resaltar o fermoso [[claustro]] de dúas galerías, con catro arcos en cada lado que descansan sobre [[Columna (arquitectura)|columnas]] [[Orde dórica|dóricas]].<ref name=ST/> <ref name=TG/>
 
=== Igrexa do século XVIII ===
Formando conxunto co hospital, está a '''Igrexa de San Roque''' (ou Capela de San Roque), de planta tamén rectangular e de estilo [[barroco]].<ref name=ST/>
 
No seu interior acolle un dos máis importantes [[retablo]]s de [[Simón Rodríguez]].<ref name=ST/>
Na actualidade serve de sede a diversas institucións culturais da cidade: a [[Xunta de Galicia|Secretaria Xeral de Política Lingüística]], o [[Centro Ramón Piñeiro]];<ref name=TG/> desde o ano [[2002]] acolle tamén ao [[Instituto Padre Sarmiento]] ([[C.S.I.C.]]),<ref name=C/> e desde a súa fundación, en [[2004]], é a sede da [[Academia de Farmacia de Galicia]].<ref name=XG>[https://academiadefarmaciadegalicia.gal/wp-content/uploads/2014/10/Estatutos_Academia_Farmacia_Galicia.pdf Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia].</ref>
 
No seu interior pódese ver a maqueta da [[Cidade da Cultura]], de [[Peter Eisenman]]. Deixando a un lado o seu pequeno xardín, chégase ao conxunto formado polas contrastadas arquitecturas do [[Centro Galego de Arte Contemporánea]] e do [[Convento de San Domingos de Bonaval]], que conforman un estreito pasadizo a través do que se accede ao [[parque de San Domingos de Bonaval]].<ref>[http://www.santiagoturismo.com/rutas/conventos-do-carme-e-de-santa-clara-e-antigo-hospital-de-san-roque Conventos del Carmen y de Santa Clara y Antiguo Hospital de San Roque] en Santiagoturismo.com.</ref>
 
== Notas ==
{{listarefListaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Antonio Bonet Correa|Bonet Correa, Antonio]] (1984): ''La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII''. [[Madrid]]: [[CSIC]]. ISBN 84-00-02646-2.
* Martínez, Pablo F. (1935): "Hospitales de San Lorenzo y San Roque". ''[[Galicia. Revista Mensual Ilustrada]]'', ano 4, nº 19, pp. 88-89&nbsp;88–89.
* Vázquez Pardo, Emilio (1928): "El Hospital de San Roque". ''Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense'', nº 179, pp. 186-189&nbsp;186–189.
=== Ligazóns externas ===
* [http://iacobus.org/josegambino/textos/sanroque.pdf SAN ROQUE], por José Gambino, iacobus.org {{es}}.
 
{{Modelo:Artigos sobre Santiago de Compostela}}
{{Control de autoridades}}
 
381.287

edicións