Karl Richard Lepsius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: {{Listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
Liña 8:
 
=== Estada en Italia ===
Residiu logo en Italia, onde en 1836 era secretario do Instituto Arqueolóxico de Roma. En 1837 publicou o opúsculo ''Lettre à M. Rosellini sur l’alphabet hiéroglyphiques'', onde analiza o traballo de Champollion sobre o desciframento dos xeroglíficos exipcios comparándoo cos traballos doutros autores, e aínda recoñecendo que Champollion cometera erros, afirmaba que trouxera orde no sistema de escritura e establecera a metodoloxía para o seu estudo, eliminando de xeito definitivo calquera crítica adversa ao seu sistema<ref> Budge, E. A. Wallis (1920) ''An Egyptian Hieroglyphic Dictionary''. vol I. John Murray, p. XIV</ref>. Estudou as linguas umbra e [[Lingua osca|osca]]. Froito dese labor foi o libro ''Inscriptiones Umbricae et Oscae'' (1841). Dende o ano seguinte exerceu como profesor asociado na [[Universidade Humboldt de Berlín|Universidade Friedrich-Wilhelms]] de Berlín.
[[Ficheiro:Lepsius-Expedition-Cheops-Pyramide.jpg|miniatura|Chegada da expedición prusiana ás [[pirámides de Gizeh]] o 15 de outubro de 1842]]
[[Ficheiro:Dom-Friedhof_II_Berlin_Nov.2016_-_11.jpg|miniatura|Sepultura de Lepsius]]
 
=== Expedición prusiana a Exipto ===
O rei [[Federico Guillerme IV de Prusia|Federico Guillerme IV]] encargoulle a dirección da expedición prusiana a Exipto (1842-1845). O seu obxecivo era obter moldes de xeso de importantes esculturas e, de ser posible, levar obxectos artísticos orixinais, incluíndo papiros a Berlín.<ref>Borries, Friedrich von e Fischer, Jens-Uwe (2013) ''Die Berliner Weltverbesserungsmaschine. Eine Geschichte des fortwährenden Scheiterns". Merve, Berlin, p. 128</ref> Lepsius seleccionou os participanes na expedición coidadosamente seguindo o modelo da expedición que encabezara anos antes [[Napoleón]]<ref name=Peck>Peck, William H. (2001). "Lepsius, Karl Richard". In Redford, Donald B. ''The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt'', Volume 2. Oxford University Press. pp. 289–290</ref>, visitou [[Menfis]], o val do Nilo ata [[Luxor]], as cidades do reino meroítico, na actual [[Sudán]], un pouco ao norte de [[Khartún]] e chegou ao Sudán central. No camiño de volta, volveu ao val do Nilo, desviándose cara ao [[mar Vermello]] e ao mosteiro de Santa Catarina do Sinaí. No outono de 1845 chegou a [[Siria]] e rematando en [[Constantinopla]]. Grazas a un acordo co gobernante exipcio , Muhammad Alí, Lepsius puidera levar pezas orixinais para Prusia.
 
Os resultados da expedición publicáronse na monumental ''Denkmäler aus Ägypten und Äthiopien'' publicada en 12 volumes entre 1849 e 1859 con case 900 láminas de inscricións exipcias antigas, así como comentarios e descricións. Eses planos, mapas e debuxos de templos e tumbas foron a fonte principal de información para os eruditos occidentais ata ben entrado o século XX, e aínda son útiles por canto permanecen como o único rexistro de monumentos destruídos ou deteriorados, para realizalos contou na expedición coa axuda de artistas recoñecidos pola súa precisión e naturalismo pero tamén polo seu gusto polo paisaxismo romántico e o exotismo<ref>Török, László (1997) ''The Kingdom of Kush. Handbook of the Napatan-Meroitic Civilization'' BRILL:Leiden-New York-Köln, p. 11</ref>. En total, Lepsius e os seus homes descubriron 67 pirámides, e mais 130 tumbas<ref name=Peck/>. Postumamente [[Ludwig Borchardt]], Kurth Sethe, Heinrich Schaefer e Walter Wreszinski publicaron entre 1897 e 1913 cinco volumes de texto baseado nas súas notas e diarios. 
Liña 20:
Dende 1846 foi profesor titular de exiptoloxía en Berlín e en 1850 accedeu como membro de pleno dereito á Academia Prusiana de Ciencias. En 1853 entrou na Academia Americana das Artes e Ciencias. Desenvolveu o alfabeto Lepsius, baseado no alfabeto latino pensado para transcribir as linguas do mundo, en especial as africanas, publicouno en 1855, cunha nova edición revisada e en inglés en 1863, con detalles de 117 linguas. Foi dende 1855 con Giuseppe Passalacqua codirector do Museo Exipcio de Berlín, e logo da morte de Passalacquas o seu único director. 
 
Na primavera de 1866 realizou unha segunda viaxe a Exipto, en particular realizou estudos xeográficos no [[delta do Nilo]]. Nesta viaxe atopou nas [[Ruína|ruínasruína]]s de Tanis, o coñecido como [[decreto de Canopo]], unha inscrición bilingüe exipcio-grega en tres grafías xeroglífica, [[Demótico exipcio|demótica]] e [[Alfabeto grego|grega]], en honra de Tolomeo III, a súa descuberta foi transcendental para a exiptoloxía ao traducir o texto xeroglífico co método de Champillon e comprobar que coincidía totalmente co grego, elevándoo de hipótese a certeza<ref>Richard Parkinson (1999) ''Cracking Codes: The Rosetta Stone and Decipherment'' University of California Press, p. 42</ref>. Foi presidente do Instituto Arqueolóxico de Roma dende 1867 ata 1880. Por mor da apertura da [[Canal de Suez|canle de Suez]] volveu en outono de 1869 a Exipto. En 1873 converteuse en bibliotecario xefe da Biblioteca Real, en Berlín, posto que mantivo ata a súa morte. En 1880 publicou ''Nubische Grammatik mit einer Einleitung über die Völker und Sprachen Afrika'', que contén un esquema de pobos africanos e a clasificación das linguas africanas, amais da gramática nubia. Foi editor da revista ''Zeitschrift für ägyptische Sprache und Altertumskunde'', publicación científica fundamental no campo da exiptoloxía.
Tamén traballou na elaboración dos mapas de ''Unter– und Ober–Ägypten'' da editorial Baedeker.<ref>Hinrichsen, Alex W. (1991) ''Baedeker’s Reisehandbücher 1832–1990'' Hinrichsen, Bevern 1991, p. 38</ref>
 
 
== Obra ==
Liña 43 ⟶ 42:
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 55 ⟶ 54:
* [http://www.bbaw.de/mediathek/archiv-2011/vortragsreihe-lepsius Vídeos] das conferencias do profesores Jan Assmann e Dietrich Wildung sobre Lepsius. Berlin-Brandenburgische Akademie der Wissenschaften, 2011 (en alemán)
{{control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Lepsius, Karl Richard}}
[[Categoría:Bibliotecarios]]