Rato de campo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Arranxos varios, replaced: {{cite journal → {{Cita publicación periódica (3), |thumb| → |miniatura|
Liña 25:
 
== Hábitat ==
[[Ficheiro:Wood Mouse.JPG|thumbminiatura|Ilustración titulada "Harvest, Wood Mouse" da obra "British Mammals" de A. Thorburn, 1920]]
 
O rato de campo habita en bosques, praderías e campos cultivados. Ocupa un amplo espectro de [[ecosistema]]s, e pode estar presente tanto en zonas semiáridas prçoximas ao mar coma a alturas que rondan os 1800 metros en zonas de clima temperado e húmido. É máis frecuente en ambientes con moderada cobertura vexetal arbórea ou arbustiva, porque así corre menor perigo de depredación, aínda que tamén está en zonas descubertas como pasteiros ou [[marisma]]s, onde é unha especie estacional. As zonas de vexetación moi vizosa tampoco lle son favorable, xa que se beneficia de áreas de [[ecotono]].
Liña 35:
== Comportamento ==
 
Os ratos de campo comen principalmente sementes e froitos,<ref>{{citeCita journalpublicación periódica | last1 = Fedriani | first1 = J. M. | year = 2005 | title = Do frugivorous mice choose where or what to feed? | url = | journal = Journal of Mammalogy | volume = 86 | issue = | pages = 576–586 | doi=10.1644/1545-1542(2005)86[576:dfmcwo]2.0.co;2}}</ref> especialmente sementes e froitos de árbores como [[carballo]]s, [[freixo]]s, [[estripeiro]]s e [[sicómoro]]s. Se estes alimentos abundan no chan, transpórtanos aos seus niños e toqueiras para almacenalos. Comen pequenos invertebrados como caracois e insectos, especialmente ao final da primavera e inicios do verán cando hai máis alimento. Tamén consomen [[baga]]s e outras froitas e raíces. Os froitos secos recentemente afectados polo rato de campo poden identificarse por presentaren unha coroa nun dos seus vértices e un corte redondo, o que está causado polo costume de agarrar os froitos coas extremidades dianteiras ao consumilos mentres os apoia no peito. Os incisivos van deixando as marcas características mentres o animal xira o froito, ata que consegue facer unha abertura dabondo grande como para sacar a semente de dentro do froito. Comparten cos [[lagomorfo]]s o costume de inxerir as [[feces]] da nai cando son novos, para así ter unha fonte de [[vitamina B12]] e de [[flora intestinal|flora bacteriana]] que lles posibilite [[dixestión|dixerir]] a [[celulosa]].
 
É depredado por unha gran variedade de animais, como rapaces diúrnas e nocturnas, mamíferos carnívoros e ofidios, e tamén por [[garza]]s ou [[xabaril]]s.
 
Durante os meses máis fríos non [[Hibernación|hibernan]]; porén, durante as estacións invernais duras caen nun [[torpor]], unha diminución na actividade fisiolóxica. Son principalmente activos durante a escuridade, e son moi bos gabeadores. Cando buscan comida, recollen e distribúen visualmente obxectos conspicuos, como follas e ramiñas, que usan como marcas para guiarse nas súas exploracións.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |last=Stopka|first=P. |date=April 2003|title=Way-marking behaviour: an aid to spatial navigation in the wood mouse (Apodemus sylvaticus) |journal=BMC Ecology|volume= 3|pages= 3|doi=10.1186/1472-6785-3-3| url=http://www.biomedcentral.com/1472-6785/3/3|display-authors=etal}}</ref> Para evitar a predación, adoita buscar comida en sitios pequenos cubertos.<ref>Fedriani, J. M. 2005.</ref>
 
== Reprodución ==
O rato de campo ten unha [[estación reprodutora]] de febreiro a outubro na cal ocoren moitos apareamentos, e competición embarullada para aparearse. Porén, isto é variable e depende do clima. Tal comportamento característico ten como resultado nunha [[competición de esperma]] e camadas de varias paternidades. A sociedade destes ratos é [[polixinia|polixínica]] e a [[copulación]] é o resultado desta competición durante os períodos reprodutores.
 
Unha observación interesante sobre a especie relativa aos machos é a morfoloxía dos [[espermatozoide]]s. Teñen cabezas falciformes (con forma de media lúa ou fouce) despois da [[meiose]] e antes da [[espermiación]]. Teñen un gancho localizado no extremo da cabeza do espermatozoide. A tinguidura con ioduro de propidio revela que só a superficie basal do gancho é de orixe nuclear.<ref name="Moore2002">{{citeCita journalpublicación periódica |last=Moore |first=Harry |year=2002 |title=Exceptional sperm cooperation in the wood mouse |journal=Nature |volume=418 |issue=6894 |pages=174–177 |doi=10.1038/nature00832 |url= |accessdate= |pmid=12110888 |display-authors=etal}}</ref> Eses ganchos apicais son despregados no tracto reprodutor feminino (o mecanismo responsable implicado é a remodelación dos filamentos de [[actina]] do gancho).<ref name="Moore2002" /> Os ganchos apicais despregados combínanse cos ganchos apicais e os [[flaxelo]]s doutros espermatozoides. Os espermatozoides agréganse deste modo e forman "trens móbiles", que se determinou experimentalmente que posúen unha mellor mobilidade dentro do tracto reprodutor da femia que os non agregados.<ref name="Moore2002" /> A mobilidade destes trens móbiles está influenciada pola reacción [[acrosoma|acrosómica]] prematura, acto altruísta realizado por algúns espermatozoides que benefician a outros [[gametocito]]s xeneticamente similares. Este altruísmo segue un mecanismo de "[[efecto barba verde]]" no cal os espermatozoides distinguen a semellanza xenética dos que os rodean. Unha vez que se identifican os espermatozoides de [[xenotipo]]s similares, os xenes para o altruísmo son activados para provocar unha resposta que busca conservar os xenes presentes na outra célula, mesmo se ten como resultado a destrución da célula que realizou a acción.
 
O período de [[xestación]] do rato de campo é de 25 ou 26 días e cada femia pare como media cinco fillos e xeralmente ten dúas camadas ao ano en niños construídos ou ocos en árbores ou entre rochas. A lactación dura tres semanas. A descendencia faise independente pasadas tres semanas e faise sexualmente activa despois de dous meses.