Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. das referencias.
 
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 18:
O Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde acordou, na súa reunión do día [[26 de marzo]] de [[1990]], implantar en todas as [[Comunidade autónoma|comunidades autónomas]] a figura do "coordinador de transplantes". Por outra parte, a crecente importancia que no ámbito sanitario teñen os programas de transplantes, co impacto social e sanitario que iso leva consigo, facía cada vez máis necesario dispoñer dunha infraestrutura organizativa que realizase o labor de conexión entre os órganos de decisión e xestión da Consellería de Sanidade e os profesionais vinculados a esta actividade, co obxectivo básico de concienciar e potenciar, na Comunidade Autónoma de Galicia, a doazón e extracción de órganos, así como efectuar o seguimento e avaliación do conxunto da actividade transplantadora. De aí que o [[Xunta de Galicia|Consello da Xunta]] acordase crear a OCT na data antecitada.<ref name=O/>
 
En [[2013]] realizáronse en Galicia 283 transplantes no noso sistema público de saúde. Deles, 85 foron de [[fígado]], o que sitúa á nosa comunidade nos primeiros postos de transplante deste órgano en toda España. Cada vez a taxa de negativas familiares á cesión de órganos é máis baixa, situándose actualmente no 24 %. Cómpre resaltar, nesta data, a mellora que os procesos de transplante experimentaron en Galicia desde os anos 90, logro que atribuía á coordinación de equipos médicos e de urxencias que permite que poida realizarse o transplante nun prazo inferior a unha hora desde que aparece o doador. Porén, cómpre concienciar á cidadanía para que aumenten as doazóns de [[medula ósea]], un tipo de doazón aínda pouco coñecido polo público, pero que é moi sinxelo, semellante a un proceso de [[diálise]] e que dura pouco máis de dúas horas.<ref>[[http://www.crtvg.es/rg/os-almorzos/jacinto-sanchez-director-da-oficina-de-coordenacion-de-transplantes-de-galicia Entrevista con Jacinto Sánchez, director da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia] na [[Radio Galega]], 02/05/2014[http://www.crtvg.es/rg/os-almorzos/jacinto-sanchez-director-da-oficina-de-coordenacion-de-transplantes-de-galicia Entrevista con Jacinto Sánchez, director da Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia] na [[Radio Galega]],o 2 de maio de 2014.</ref>
 
== Notas ==