Diferenzas entre revisións de «Organización Nacional de Transplantes»

arranxiño
(arranxiño)
(arranxiño)
Desde entón fíxose necesaria a regulación legal desta práctica, que chegou coa Lei de transplantes (Lei 30/1979)<ref>{{cita web|autor=Boletín Oficial del Estado|título=Texto íntegro de la ley|url=http://www.boe.es/boe/dias/1979/11/06/pdfs/A25742-25743.pdf|dataacceso=10 de agosto de 2018}}</ref> e o Real Decreto 426/1980,<ref>{{cita web|autor=Boletín Oficial del Estado|título=Texto íntegro del Real Decreto|url=http://www.boe.es/boe/dias/1980/03/13/pdfs/A05705-05707.pdf|dataacceso=10 de agosto de 2018}}</ref> que xa daquela recoñecía o anonimato do doador e a carencia de lucro na práctica da extracción de órganos, entre outras disposicións.
 
Na década de 1980, novos órganos engadíronse á oferta dos [[hospital|hospitais]], concretamente [[fígado]], [[corazón]] e [[páncreas]]. Cando era necesario desprazarse a outra localidade para obtener o órgano, o [[Hospital Puerta de Hierro]] utilizaba os avións ''Mystère'' subministrados polo [[Exército do Aire de España|Exército do Aire]], práctica que acabou estendéndose paulatinamente a outros hospitais. Porén, a finais desta década, houbo un gran descenso da oferta de órganos e un incremento dos candidatos para transplante, debido á pouca coordinación interrexional; por outro lado, en [[Cataluña]] estabeceuse unjaunha oficina que centralizaba os servizos de distribución de órganos.<ref name=":0" />
 
Para paliar estes graves efectos, o [[Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España|Ministerio de Sanidade e Consumo]] creou en [[1989]] a Organización Nacional de Transplantes no edificio do Hospital del Rey. Desde aquel momento, considérase que o panorama dos transplantes mellorara co nomeamento dos "coordinadores autonómicos", que organizaban os trámites sanitarios dentro das súas respectivas [[comunidade autónoma|comunidades autónomas]] e formaban a Comisión de Transplantes do Consello Interterritorial. A oficina central, que reunía todas as competencias que posúe hoxe en día, non se implantou até o [[1 de setembro]] de [[1990]].<ref name=":0" /> Desde entón, aínda que a misión fundamental da organización non cambiou, houbo varias alteracións na lei de extracción e transplante de órganos orixinal.
26.664

edicións