Secretario (ave): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
correxin un erro
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Erro ortográfico corrigido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
Liña 26:
O secretario é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 2 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un [[dimorfismo sexual]] significativo. A plumaxe é cincenta, coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun [[peteiro]] curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza o secretario presenta unha crista característica de plumas negras. As patas do secretario son moi longas e terminan en garras afiadas.
 
O secretario vive habitualmente en parella, ás veces en grupos de 3 a 4 aves. Esta ave localízase sobre todo en terra, camiñando a cerca de 3 [[velocidade|km/h]], mais é unha excelente voadora que prefire planar nas correntes de ar ascendentes como os [[voitre]]s. A súa alimentación é sobre todo a base de [[serpes]], podendo tamén consumir [[roedor]]es e [[anfibio]]s. O secretario mata as presas coscoas patas, menos frecuentemente adoita facelo co peteiro, que usa apenas para dominar animais de pequeno porte.
 
A época de reprodución vai, dependendo da súa distribución xeográfica, desde agosto a decembro. A parella constrúe un niño tipo plataforma, pretocon cerca de 1,5 m de diámetro, no topo de árbores ou arbustos altos. A construción é xeralmente reaproveitada pola parella de ano para ano. Cada posta contén unha media dous ovos alongados, de cor cincenta azulada, que son incubados pela femia durante 40-46 días. Durante este período, a femia non abandona o niño e é alimentada polo seu compañeiro. As crías permanecen no niño durante cerca de dous meses e son coidadas polos dous pais. Aos tres meses xa son independentes.