Karl Richard Lepsius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
Naceu no seo dunha familia ilustrada, fillo do historiador Carl Peter Lepsius (1775–1853) e da súa dona Friederike (1778–1819), filla do compositor Carl Ludwig Traugott Glaeser. Estudou entre 1823 e 1829 na prestixiosa Landesschule do antigo mosteiro de Pforta, e a continuación en [[Leipzig]], [[Gotinga]] e  mais en [[Berlín]] [[filoloxía]] e [[lingüística comparada]]. En 1833 defendeu o doutoramento coa tese ''De tabulis Eugubinis''. Visitou París por un curto período e alí ao acudir a conferencias de Jean Letronne soubo dos esforzos de [[Jean-François Champollion]] por traducir a [[pedra de Rosetta]] e descifrar a [[lingua exipcia]].
[[Ficheiro:Lepsius-Projekt_tw_1-1-52.jpg|miniatura|Páxina dunha lámina cos debuxos das pirámides de El Lahun e Tura procedente do ''Denkmäler aus Ägypten und Äthiopien'']]
 
=== Estada en Italia ===
Residiu logo en Italia, onde en 1836 era secretario do Instituto Arqueolóxico de Roma. En 1837 publicou o opúsculo ''Lettre à M. Rosellini sur l’alphabet hiéroglyphiques'', onde analiza o traballo de Champollion sobre o desciframento dos xeroglíficos exipcios comparándoo cos traballos doutros autores, e aínda recoñecendo que Champollion cometera erros, afirmaba que trouxera orde no sistema de escritura e establecera a metodoloxía para o seu estudo, eliminando de xeito definitivo calquera crítica adversa ao seu sistema<ref> Budge, E. A. Wallis (1920) ''An Egyptian Hieroglyphic Dictionary''. vol I. John Murray, p. XIV</ref>. Estudou as linguas umbra e [[Lingua osca|osca]]. Froito dese labor foi o libro ''Inscriptiones Umbricae et Oscae'' (1841). Dende o ano seguinte exerceu como profesor asociado na [[Universidade Humboldt de Berlín|Universidade Friedrich-Wilhelms]] de Berlín.
Liña 12 ⟶ 13:
 
=== Expedición prusiana a Exipto ===
O rei [[Federico Guillerme IV de Prusia|Federico Guillerme IV]] encargoulle a dirección da expedición prusiana a Exipto (1842-1845). O seu obxecivo era obter moldes de xeso de importantes esculturas e, de ser posible, levar obxectos artísticos orixinais, incluíndo papiros a Berlín.<ref>Borries, Friedrich von e Fischer, Jens-Uwe: (2013) ''Die Berliner Weltverbesserungsmaschine. ''Eine Geschichte des fortwährenden Scheiterns". Merve, Berlin, p. 128</ref> Lepsius seleccionou os participanes na expedición coidadosamente seguindo o modelo da expedición que encabezara anos antes [[Napoleón]]<ref name=Peck>Peck, William H. (2001). "Lepsius, Karl Richard". In Redford, Donald B. ''The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt'', Volume 2. Oxford University Press. pp. 289–290</ref>, visitou [[Menfis]], o val do Nilo ata [[Luxor]], as cidades do reino meroítico, na actual [[Sudán]], un pouco ao norte de [[Khartún]] e chegou ao Sudán central. No camiño de volta, volveu ao val do Nilo, desviándose cara ao [[mar Vermello]] e ao mosteiro de Santa Catarina do Sinaí. No outono de 1845 chegou a [[Siria]] e rematando en [[Constantinopla]]. Grazas a un acordo co gobernante exipcio , Muhammad Alí, Lepsius puidera levar pezas orixinais para Prusia.
 
Os resultados da expedición publicáronse na monumental ''Denkmäler aus Ägypten und Äthiopien'' publicada en 12 volumes entre 1849 e 1859 con case 900 láminas de inscricións exipcias antigas, así como comentarios e descricións. Eses planos, mapas e debuxos de templos e tumbas foron a fonte principal de información para os eruditos occidentais ata ben entrado o século XX, e aínda son útiles por canto permanecen como o único rexistro de monumentos destruídos ou deteriorados, para realizalos contou na expedición coa axuda de artistas recoñecidos pola súa precisión e naturalismo pero tamén polo seu gusto polo paisaxismo romántico e o exotismo<ref>Török, László (1997) ''The Kingdom of Kush. Handbook of the Napatan-Meroitic Civilization'' BRILL:Leiden-New York-Köln, p. 11</ref>. En total, Lepsius e os seus homes descubriron 67 pirámides, e mais 130 tumbas<ref name=Peck/>. Postumamente [[Ludwig Borchardt]], Kurth Sethe, Heinrich Schaefer e Walter Wreszinski publicaron entre 1897 e 1913 cinco volumes de texto baseado nas súas notas e diarios. 
Liña 20 ⟶ 21:
 
Na primavera de 1866 realizou unha segunda viaxe a Exipto, en particular realizou estudos xeográficos no [[delta do Nilo]]. Nesta viaxe atopou nas [[Ruína|ruínas]] de Tanis, o coñecido como [[decreto de Canopo]], unha inscrición bilingüe exipcio-grega en tres grafías xeroglífica, [[Demótico exipcio|demótica]] e [[Alfabeto grego|grega]], en honra de Tolomeo III, a súa descuberta foi transcendental para a exiptoloxía ao traducir o texto xeroglífico co método de Champillon e comprobar que coincidía totalmente co grego, elevándoo de hipótese a certeza<ref>Richard Parkinson (1999) ''Cracking Codes: The Rosetta Stone and Decipherment'' University of California Press, p. 42</ref>. Foi presidente do Instituto Arqueolóxico de Roma dende 1867 ata 1880. Por mor da apertura da [[Canal de Suez|canle de Suez]] volveu en outono de 1869 a Exipto. En 1873 converteuse en bibliotecario xefe da Biblioteca Real, en Berlín, posto que mantivo ata a súa morte. En 1880 publicou ''Nubische Grammatik mit einer Einleitung über die Völker und Sprachen Afrika'', que contén un esquema de pobos africanos e a clasificación das linguas africanas, amais da gramática nubia. Foi editor da revista ''Zeitschrift für ägyptische Sprache und Altertumskunde'', publicación científica fundamental no campo da exiptoloxía.
Tamén traballou na elaboración dos mapas de ''Unter– und Ober–Ägypten'' da editorial Baedeker.<ref>Hinrichsen, Alex W.: (1991) ''Baedeker’s Reisehandbücher 1832–1990.'' Hinrichsen, Bevern 1991, p. 38</ref>