Karl Richard Lepsius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 10:
[[Ficheiro:Lepsius-Expedition-Cheops-Pyramide.jpg|miniatura|Chegada da expedición prusiana ás [[pirámides de Gizeh]] o 15 de outubro de 1842]]
=== Expedición prusiana a Exipto ===
O rei [[Federico Guillerme IV de Prusia|Federico Guillerme IV]] encargoulle a dirección da expedición prusiana a Exipto (1842-1845). O seu obxecivo era obter moldes de xeso de importantes esculturas e, de ser posible, levar obxectos artísticos orixinais, incluíndo papiros a Berlín.<ref>Friedrich von Borries, Jens-Uwe Fischer: ''Die Berliner Weltverbesserungsmaschine. ''</ref> Lepsius seleccionou os participanes na expedición coidadosamente seguindo o modelo da expedición que encabezara anos antes [[Napoleón]]<ref name=Peck>Peck, William H. (2001). "Lepsius, Karl Richard". In Redford, Donald B. ''The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt'', Volume 2. Oxford University Press. pp. 289–290</ref>, visitou [[Menfis]], o val do Nilo ata [[Luxor]], as cidades do reino meroítico, na actual [[Sudán]], un pouco ao norte de [[Khartún]] e chegou ao Sudán central. No camiño de volta, volveu ao val do Nilo, desviándose cara ao [[mar Vermello]] e ao mosteiro de Santa Catarina do Sinaí. No outono de 1845 chegou a [[Siria]] e rematando en [[Constantinopla]]. Grazas a un acordo co gobernante exipcio , Muhammad Alí, Lepsius puidera levar pezas orixinais para Prusia.
 
Os resultados da expedición publicáronse na monumental ''Denkmäler aus Ägypten und Äthiopien'' publicada en 12 volumes entre 1849 e 1859 con case 900 láminas de inscricións exipcias antigas, así como comentarios e descricións. Eses planos, mapas e debuxos de templos e tumbas foron a fonte principal de información para os eruditos occidentais ata ben entrado o século XX, e aínda son útiles por canto permanecen como o único rexistro de monumentos destruídos ou deteriorados, para realizalos contou na expedición coa axuda de artistas recoñecidos pola súa precisión e naturalismo pero tamén polo seu gusto polo paisaxismo romántico e o exotismo<ref>(1997)László Török ''The Kingdom of Kush. Handbook of the Napatan-Meroitic Civilization'' BRILL:Leiden-New York-Köln, p. 11</ref>. En total, Lepsius e os seus homes descubriron 67 pirámides, e mais 130 tumbas<ref name=Peck/>. Postumamente [[Ludwig Borchardt]], Kurth Sethe, Heinrich Schaefer e Walter Wreszinski publicaron entre 1897 e 1913 cinco volumes de texto baseado nas súas notas e diarios. 
 
=== Últimos anos ===