Karl Richard Lepsius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 10:
[[Ficheiro:Lepsius-Expedition-Cheops-Pyramide.jpg|miniatura|Chegada da expedición prusiana ás [[pirámides de Gizeh]] o 15 de outubro de 1842]]
=== Expedición prusiana a Exipto ===
O rei [[Federico Guillerme IV de Prusia|Federico Guillerme IV]] encargoulle a dirección da expedición prusiana a Exipto (1842-1845). O seu obxecivo era obter moldes de xeso de importantes esculturas e, de ser posible, levar obxectos artísticos orixanais, incluíndo papiros a Berlín.<ref>Friedrich von Borries, Jens-Uwe Fischer: ''Die Berliner Weltverbesserungsmaschine. ''</ref> Lepsius seleccionou os participanes na expedición coidadosamente seguindo o modelo da expedición que encabezara anos antes [[Napoleón]]<ref>Peck, William H. (2001). "Lepsius, Karl Richard". In Redford, Donald B. ''The Oxford Encyclopedia of Ancient Egypt'', Volume 2. Oxford University Press. pp. 289–290</ref>, visitou [[Menfis]], o val do Nilo ata [[Luxor]], as cidades do reino meroítico, na actual [[Sudán]], un pouco ao norte de [[Khartún]] e chegou ao Sudán central. No camiño de volta, volveu ao val do Nilo, desviándose cara ao [[mar Vermello]] e ao mosteiro de Santa Catarina do Sinaí. No outono de 1845 chegou a [[Siria]] e rematando en [[Constantinopla]]. Grazas a un acordo co gobernante exipcio , Muhammad Alí, Lepsius puidera levar pezas orixinais para Prusia. Os resultados da expedición publicáronse na monumental ''Denkmäler aus Ägypten und Äthiopien'' (1849-1859, 12 volumes). O seu diario publicárono postumamente [[Ludwig Borchardt]], Kurth Sethe, Heinrich Schaefer e Walter Wreszinski. 
=== Últimos anos ===
Dende 1846 foi profesor titular e en 1850 accedeu como membro de pleno dereito á Academia Prusiana de Ciencias. En 1853 entrou na Academia Americana das Artes e Ciencias. Desenvolveu o alfabeto Lepsius, baseado no alfabeto latino pensado para transcribir as linguas do mundo, en especial as africanas, publicouno en 1855, cunha nova edición revisada e en inglés en 1863, con detalles de 117 linguas. Foi dende 1855 con Giuseppe Passalacqua codirector do Museo Exipcio de Berlín, e logo da morte de Passalacquas o seu único director.