Wolfsburg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
== Historia e características ==
 
A cidade foi fundada en 1983 co nome de '''Stadt des KdF-Wagens''' (Cidade do Coche-KdF), siglas da organización nazi para o deporte e o ocio "Kraft durch Freude" (forza a través da alegría)<ref>[http://viajes.elmundo.es/2014/12/01/europa/1417429260.html Wolfsburg]{{es}}</ref> . Ao remate da [[Segunda Guerra Mundial]], Wolfsburg toma o seu nome actual dun castelo cercano, e a urbe experimenta unha explosión industrial e económica coa reapertura da factoría de [[Volkswagen]] debido ao impulso de oficiais británicos, dado que a cidade permaneceu baixo a división da Alemaña occidental, en zona de ocupación británica. Foi entón cando se comezou a fabricar en serie o modelo escaravello, emblema da clase media alemá durante os tempos da [[República Federal de Alemaña]] (RFA). <ref>[http://www.magazinedigital.com/historias/reportajes/wolfsburgo-una-ciudad-en-taller Wolfsburg]{{es}}</ref>
 
A partir dos anos cincuenta, en paralelo ao crecemento industrial e económico erguéronse edificiones notabéis hoxe na cidade como a Kulturhaus Alvar Aalto –centro cultural deseñado polo arquitecto finés e inaugurado en [[1962]]–, o teatro concebido polo arquitecto alemán [[Hans Scharoun]], aberto en [[1973]]. O planetario e o Kunstmuseum, museo de arte contemporáneo, obra dun estudo de arquitectura de [[Hamburgo]].