Mestre Mateu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Xoio (conversa | contribucións)
→‎Biografía: arranxiño
Liña 26:
Do seu paso por Compostela fai referencia o ''Tombo I'', folio 67 onde se inclúen as rendas que pagaban certas casas coñecidas como as casas que pertenceran ao Mestre Mateo. O autor [[Antonio López Ferreiro]] sitúa estas casas na zona da [[Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela)|Acibechería]] preto do [[mosteiro de San Martiño Pinario]].
[[Ficheiro:Interior_Catedral_Santiago_de_Compostela.jpg|miniatura|[[Pórtico da Gloria]] na [[catedral de Santiago de Compostela]]]]
Mateo foi o [[mestre dasde obras]] da [[catedral de Santiago de Compostela]] dende [[1168]], nomeado por [[Fernando II de León]] para rematar a construción da catedral. Un documento do ano [[1168]] relata que o [[23 de febreiro]] dese ano o rei [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] doou ao Mestre Mateo dous marcos de prata semanais, o que facía un total de 100 [[marabedí]]s ao ano, para toda a vida.
 
{{cita|''Convén á rexia maxestade atender mellor a aqueles que lle son coñecidos por mostrar obediencia fielmente, e especialmente a aqueles que son notorios por dedicar os seus servizos ós santuarios e lugares de Deus. Por estas cousas eu, Fernando, rei das Españas, por amor de Deus, por quen reinan os reis, e pola reverencia de Santiago, piísimo patrón noso, como pensión, douche e concédoche a ti, mestre Mateo, que posúes a primacía e o maxisterio da obra do citado apóstolo, cada ano a percepción de dous marcos á semana, sobre a miña metade de moeda de Santiago, e que o que falte unha semana sexa suplido na outra, de maneira que esta percepción che represente 100 morabotinos anuais. Esta pensión, este don, douche durante toda a túa vida, para que sempre a teñas, e para a obra de Santiago, e sexa mellor para a túa persoa; e aqueles que viran, velen e se dediquen con afección á citada obra''|Fernando II de León a 23 de febreiro do ano 1168.}}