Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
→‎Extensión: correccións da lingua
Liña 24:
== Extensión ==
[[Ficheiro:Europe map 1648.PNG|miniatura|350px|Recreación moderna que presenta as efectivas divisións políticas despois do [[Tratado de Westfalia]] (1648), que pecha a [[guerra dos Trinta Anos]] cun novo [[equilibrio europeo]] sobre o nacente concepto de [[relacións internacionais]] en pé de igualdade.]]
O concepto de Antigo Réxime pode aplicarse con propiedade aos reinos de [[Europa occidental]] que tenden a definirse como [[Estado Nación|estados-nación]] desde finais da [[Idade Media]]. O primeiro exemplo foi, sen dúbida, [[Portugal]]. Para finais do século XV só podemos engadir [[Reino de Francia|Francia]], [[Inglaterra]] e a [[Monarquía Católica|Monarquía Hispánica]] pódenselle engadir. Inglaterra superará o concepto ao longo dos séculos XVI e XVII. Os demais, durante a [[crise do Antigo Réxime]] (1751-1848). Para o resto de Europa o concepto é de uso problemático (ver apartado [[Antigo Réxime#Outros países europeos|outros países europeos]] neste mesmo artigo). Para o resto do mundo, unicamente [[América]], durante o período que foi colonizada polas potencias europeas, podería (forzando moito o concepto) considerarse en algo semellante ao modelo vixente nas súas [[Área metropolitana|metrópoles]].<ref>Aínda así, existe algunha utilización do concepto para a América española: GUERRA, Francois Xavier (1988) ''Mexico: do Antigo Réxime á Revolución'', México, FCE. ISBN 9681629728</ref> A [[Descolonización de América|Independencia americana]] coincide co final do Antigo Réxime; de feito, contribúe decisivamente a el. Os outros continentes son colonizados posteriormente, xa en época industrial ou Novo Réxime. O caso de [[Xapón]] representa unha formación económicoeconómica social que, dalgún xeito, mostra similitudes coas occidentais, polo que algúns autores aplicáronlle o concepto de [[feudalismo]] ou o de [[monarquía absoluta]] (non tanto o Antigo Réxime), e sería esa similitude (fronte á diferenza de [[China]], un [[Despotismo hidráulico|imperio hidráulico]]) xunto coa non submisión colonial, o que explicaría a posibilidade do seu acceso acelerado á modernidade na [[Era Meiji]].Entre outros, Perry Anderson e Kohachiro Takahasi trataron o tema durante os debates historiográficos entre historiadores materialistas de mediados do século XX.
 
A imposibilidade de retrotraer o concepto a entidades políticas dun período anterior, ata en Europa, vén do feito de que as formas políticas medievais eran de carácter [[feudal]], dependentes nalgunha medida do [[Imperio]] ou do [[Papado]], ou ben eran algunha forma de [[cidade-estado]]; doutra banda, o nacente capitalismo era aínda algo completamente marxinal, e a sociedade estamental (xa definida) aínda non producira os seus mecanismos e [[institución]]s finais. En ningún caso responden aos requisitos propostos.