Abrir o menú principal

Cambios

arranxiño
Terminado en [[1583]],<ref name=ST/> o hospital foi inaugurado en [[1578]] polo [[arcebispo]] [[Francisco Blanco]] para acolller aos afectados polas terríbeis [[epidemia]]s de [[peste]] que asolaron a cidade no século XVI,<ref name=TG>[http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26286/antigo-hospital-de-san-roque?langId=es_ES&tp=9&ctre=39 Antigo Hospital de San Roque], en Turismo.gal.</ref> dedicándose a [[Roque de Montpellier|San Roque]] por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta [[enfermidade]].<ref name=ST/>
 
[[Ficheiro:Cloister ofAntigo Hospital de San Roque, Santiago de Compostela (4471289592).jpg|miniatura|200px|Claustro do Hospital.]]
 
O deseño do edificio encargouse a [[Gaspar de Arce]], Mestre de Obras da [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral de Santiago]]. Da súa antiga traza só conserva a [[portada]] [[renacentista]], xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII.<ref name=ST/> A súa estrutura conta cunha planta rectangular e un claustro.<ref name=TG/> Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A [[fachada]] segue a estrutura dun [[arco de triunfo]]: sobre as [[pilastra]]s toscanas levántase un [[arco de medio punto]] apoiado en [[imposta]]s. A continuación, un [[entablamento]] sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun [[Frontón (arquitectura)|frontón]] triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos [[Cosme e Damián]], os imáns xemelgos que practicaban a [[medicina]] gratuitamente.<ref name=TG/>
26.011

edicións