Hospital de San Roque de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións
1ª edición con info. das referencias. |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 6 de agosto de 2018 ás 22:07
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Xoio (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 5 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Coordenadas: 42°53′0.2″N 8°32′30.09″O / 42.883389, -8.5416917 O Antigo Hospital de San Roque de Santiago de Compostela é un edificio orixinario do século XVI, que foi reformado no XVIII.
Localización
Está situado no alto da rúa das Rodas, onde comeza a rúa de San Roque, no nº 2 desta rúa.[1]
Historia
Un hospital do século XVI
Terminado en 1583,[1] o hospital foi inaugurado en 1578 polo arcebispo Francisco Blanco para acolller aos afectados polas terríbeis epidemias de peste que asolaron a cidade no século XVI,[2] dedicándose a San Roque por ser este un dos santos máis invocados para protexer contra esta enfermidade.[1]
O deseño do edificio encargouse a Gaspar de Arce, Mestre de Obras da Catedral de Santiago. Da súa antiga traza só conserva a portada renacentista, xa que foi reedificado na segunda metade do século XVIII.[1] A súa estrutura conta cunha planta rectangular e un claustro.[2] Destaca pola súa gran sobriedade e as súas liñas simples. A fachada segue a estrutura dun arco de triunfo: sobre as pilastras toscanas levántase un arco de medio punto apoiado en impostas. A continuación, un entablamento sobre o que se ergue un segundo corpo de menores proporcións. Remata cun frontón triangular sobre unhas delgadas pilastras que enmarcan dúas fornelas coas figuras dos santos Cosme e Damián, os imáns xemelgos que practicaban a medicina gratuitamente.[2]
Igrexa do século XVIII
Formando conxunto co hospital, está a igrexa de San Roque, de planta tamén rectangular e de estilo barroco. Do interior cabe resaltar o fermoso claustro de dúas galerías, con catro arcos en cada lado que descansan sobre columnas dóricas.[1] [2] No seu interior acolle un dos máis importantes retablos de Simón Rodríguez.[1]
En tempos modernos
Cando deixou de exercer a súa función hospitalaria foi convertido en residencia do bispo auxiliar da arquidiocese.[Cómpre referencia] Tras da súa adquisición pola Xunta de Galicia, o edificio foi sometido nos últimos anos do século XX a unha profunda rehabilitación e adaptación funcional, a fin de dotalo de espazos adecuados para os depósitos bibliográficos e o desenvolvemento de actividades de carácter científico e cultural. As novas instalacións foron inauguradas o 14 de febreiro de 2001.[3]
Na actualidade serve de sede a diversas institucións culturais da cidade: a Secretaria Xeral de Política Lingüística, o Centro Ramón Piñeiro;[2] desde o ano 2002 acolle tamén ao Instituto Padre Sarmiento (C.S.I.C.),[3] e desde a súa fundación, en 2004, é a sede da Academia de Farmacia de Galicia.[4]
No seu interior pódese ver a maqueta da Cidade da Cultura, de Peter Eisenman. Deixando a un lado o seu pequeno xardín, chégase ao conxunto formado polas contrastadas arquitecturas do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Convento de San Domingos de Bonaval, que conforman un estreito pasadizo a través do que se accede ao parque de San Domingos de Bonaval.[5]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Antiguo Hospital e Iglesia de San Roque en Santiagoturismo.com.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Antigo Hospital de San Roque, en Turismo.gal.
- ↑ 3,0 3,1 CSIC. Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. Edificio.
- ↑ Decreto 156/2004, do 1 de xullo, polo que se acorda a creación da Academia de Farmacia de Galicia.
- ↑ Conventos del Carmen y de Santa Clara y Antiguo Hospital de San Roque en Santiagoturismo.com.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bonet Correa, Antonio (1984): La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-02646-2.
- Martínez, Pablo F. (1935): "Hospitales de San Lorenzo y San Roque". Galicia. Revista Mensual Ilustrada, ano 4, nº 19, pp. 88-89.
- Vázquez Pardo, Emilio (1928): "El Hospital de San Roque". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, nº 179, pp. 186-189.