Liber chronicarum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Consideracións formais: best-séller, replaced: best-seller → best-séller using AWB
Liña 35:
* O deseño da páxina facíase deixando espazo para as eventuais ilustracións que podería solicitar o comprador. Este libro, p.e., exemplariza unha nova relación entre texto e imaxe, creándose esta para o texto e tendo xa o seu lugar cando a concepción (como o proba a maqueta manuscrita); o texto xa non se dispón en dúas columnas senón que viste aos gravados.<ref>Recolleito en “La Nef des Fous”</ref>
* Aínda que a obra ten 1804 ilustracións realizáronse só 652 ferros para a súa consecución, pois moitas delas foron reempregadas varias veces ao longo do libro; caso das ilustracións de cidades ou de retratos. A razón debíase sinxelamente a que na época a imaxe servía para distraer ao lector pero non se esixía que fose representativa. Así, no caso da ilustración de Venecia, nun decorado ficticio, recoñécese a lagoa ou "il campanile".
* As crónicas de Núremberg foron un ''best-seller''séller na época a pesar do seu elevado prezo, -3,5 floríns para unha versión non encadernada nin coloreada e 8 floríns para unha versión encadernada e coloreada,<ref>O florín era unha moeda de ouro</ref> aínda que o éxito non respondeu na súa aparición ao que se esperaba por mor de que se publicou tamén unha imitación moi ben realizada.<ref>Johann Schönsperger, especializado en "reimpresións", publicou pouco tempo despois unha versión en alemán co mesmo texto e o mesmo número de imaxes aínda que a tamaño menor e con papel de inferior calidade</ref> A pesar diso, reeditouse tres veces en dez anos e vendeuse por toda Europa. Estímase hoxe que a tirada foi de 1500 exemplares para a versión latina<ref>As diferenzas entre versións, á parte das cosméticas como o tipo de letra empregado,son pequenas;a edición alemá levemente alixeirada elude repeticións ou certos pensamentos abstrusos, incluíndo ás veces ampliacións menores do texto latino</ref> e 1000 para a alemá.<ref>A edición alemá ía dirixida á clase media alta, que non posuía unha educación universitaria; a versión latina orientábase máis aos mercados académicos e teolóxicos.</ref>
== Galería de imaxes ==
<gallery>