Diferenzas entre revisións de «Alfred Charles Kinsey»

m
→‎''Sexual Behaviour in the Human Male'': best-séller, replaced: best-seller → best-séller using AWB
m (→‎''Sexual Behaviour in the Human Male'': best-séller, replaced: best-seller → best-séller using AWB)
 
== ''Sexual Behaviour in the Human Male'' ==
O libro ''Sexual Behavior in the Human Male'' converteuse case de inmediato nun best-sellerséller (vendeu máis de 200.000 ó pouco de aparecer) maila ser publicado nunha minúscula editorial especializada en obras científicas. Con todo, tratábase dun sisudo libro de difícil lectura, que abranguía máis de 800 páxinas, a maioría delas consagradas a defender a metodoloxía empregada e a presentar os resultados estatísticos obtidos. Non era, nin moito menos, un libro escabroso ou obsceno, como moitos puideron pensar.
 
Non obstante, ''Sexual Behavior in the Human Male'' era un libro polémico. As súas conclusións eran sorprendentes para os plácidos anos 1940. Por unha parte, reflectía que a vida sexual dos norteamericanos era moito máis activa do que confesaban en público, que case un terzo dos homes casados eran infieis, que case un 37% dos norteamericanos tivera polo menos unha experiencia homosexual, que case un 20% dos homes practicara sexo con animais. Para moitos estes feitos eran inaceptables dende un punto de vista moral ou relixioso.