Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

*plantexar > formular.
m (→‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB)
(*plantexar > formular.)
Despois do rexeitamento da Constitución Europea nos referendos francés e neerlandés, así como o posíbel rexeitamento noutros estados membros, obrigou os países europeos a deixar a un lado o texto. Dous anos despois, a presidencia alemá do Consello da Unión promoveu a redacción dun novo documento, que viñese substituír parcialmente o texto constitucional, que acadase un maior consenso entre os gobernos e que completase o proceso de reforma institucional iniciado tras a ampliación a 25 membros. Este texto presentouse o 19 de maio de [[2007]] e, publicamente, no cumio do 18 de outubro dese ano, no [[mosteiro dos Xerónimos]] de [[Lisboa]], sendo asinado este [[Tratado de Lisboa (2007)|Tratado de Lisboa]] por todos os presidentes de goberno dos 27 países o 13 de decembro, agás polo británico [[Gordon Brown]], que foi substituído polo seu ministro de Exteriores David Miliband.
 
O tratado debería ser ratificado polos estados membros ao longo do ano 2008, e se fose así, entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2009. Esa ratificación sería unicamente parlamentaria en 25 estados, mentres que necesitaría un referendo en Irlanda.<ref>{{Cita web| url = http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/international/newsid_7053000/7053240.stm | título = Claves: el Tratado de Lisboa | ano = 2007 | obra = BBC News 19.10.2007 | dataacceso = 4 de decembro de 2008 | lingua= español}}</ref> Despois de superar o problema do referendo irlandés,<ref>Irlanda foi o único país que consultou a ratificación do Tratado aos seus cidadáns, vía referendo, e o 12 de xuño de 2008, pero aprobado noutro, o 2 de outubro de 2009, despois de que a UE dese garantías suplementarias (que non forman parte do tratado) a Irlanda.</ref> e do caso checo, onde as cousas non estaban moi claras: o Goberno checo asinara o Tratado e as dúas cámaras do Parlemento ratificárano, pero esta ratificación debía ser promulgada polo Presidente [[Vaclav Klaus]], reputado [[euroescepticismo|euroescéptico]],<ref>O Tribunal Constitucional deu unha resposta favorábel ás diversas cuestións plantexadasformuladas e, unhas horas máis tarde Vaclav Klaus asinou finalmente o Tratado.</ref> o Tratado de Lisboa quedou en condicións de entrar en vigor.
 
Por outra parte a UE é a primeira potencia comercial, representando o 20 % das importacións e exportacións mundiais,<ref>{{Cita web| url = http://europa.eu/pol/comm/index_es.htm | título = Comercio exterior | ano = 2008 | obra = europa.eu | dataacceso = 4 de xaneiro de 2011 | lingua= español}}</ref>
17.236

edicións