Batalla de Poltava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Romanov_Flag.svg" por "Flag_of_the_Russian_Empire_(black-yellow-white).svg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDel...
Moedagalega (conversa | contribucións)
*plantexamento > formulación.
Liña 28:
Cando a batalla se iniciou, Carlos XII tiña cerca de 20.000 homes, en tanto que Pedro I dispoñía de 45.000. Para empeorar a situación inicial dos suecos, Carlos XII foi ferido nun pé por un francotirador ruso o 17 de xuño, durante o sitio á fortaleza e mentres inspeccionaba os postos de avanzada suecos en [[Vorskla]]. Esta circunstancia obrigoulle a transferir o mando ao mariscal de campo [[Carl Gustav Rehnskiöld]]. Este planeou entón romper as liñas rusas e fuxir cara ao norte.
 
A batalla comezou ás 3:45 da madrugada do [[28 de xuño]], antes do amecer, co avance das tropas suecas contra as liñas fortificadas rusas. OA plantexamentoformulación inicial da acción ofensiva foi ao modo tradicional, cos suecos mellor adestrados atacando o flanco esquerdo e o centro dos rusos e conquistando algunhas posicións defensivas rusas. Os suecos parecían inicialmente ter vantaxe, pero esta foi anulada rapidamente.
 
No amencer, o día estaba xa moi cálido e húmido, co Sol escurecido polo fume dos canóns e o fogo dos mosquetes. Pedro I tiña un número considerabelmente superior de soldados de infantaría, o que lle permitiu que, mentres atacaba ás forzas suecas con fogo graneado de artillaría, numerosas unidades de infantes —que alcanzaban os 25.000 homes— reforzaran o centro. Estas unidades despregáronse aproximadamente ás 9:00, no exterior da fortificación, e foron apoiadas por 73 canóns pesados.