Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 49:
==== Os presocráticos ====
{{AP|Presocráticos}}
Os filósofos denominados [[presocráticos]] son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (''physiologoi'', "fisiólogos") <ref>Do [[lingua grega|grego clásico]] φύσισ (''phýsis'', "natureza"), e λόγος (''lógos'', "palabra", "expresión", "razoamento").</ref> por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
 
[[Tales de Mileto]] (ca. 625 - 547 a.C.) e [[Pitágoras]] (ca. 570 - 480 a.C.) contribuíron principalmente ao nacemento dalgunhas das primeiras ciencias, como as matemáticas, a xeometría ([[teorema de Pitágoras]]), a astronomía e mesmo a música. As súas primeiras investigacións están marcadas pola vontade de imputar a constitución do mundo (ou κόσμος, ''cosmos'') a un principio natural único (o lume para [[Heráclito]] por exemplo) ou divino (para [[Anaximandro]]).
Liña 271:
En España, durante o século XVIII, no reinado de [[Carlos III de España|Carlos III]], produciuse unha recuperación en todas as ordes tras a superación da crise económica do [[século XVII]]. Exemplos do rexurdimento das ciencias foron as fundacións do ''Real Xardín Botánico de Madrid'' ([[1781]]) e o ''Colexio de Cirurxía de Barcelona'', así como as diversas expedicións científicas ao Novo Mundo, entre as que destaca a de [[José Celestino Mutis]] ([[1732]] - [[1808]]). Os [[século|séculos XVI]] e [[século XVII|XVII]] estiveron moi influídos polo descubrimento de [[América]]. As novas especies de plantas e animais polarizaron o interese dos naturalistas, entre os que destacaron os [[Taxonomía|sistemáticos]] [[John Ray]] e [[Tournefort]].
 
Entre os científicos máis importantes do [[século XVII]] destacan [[Francesco Redi]] ([[1626]] - [[1698]]), que se declarou contrario á [[Teoría da xeración espontánea|xeración espontánea]]; os irmáns [[Janssen]], que inventaron o microscopio a finais do século XVI; [[Malpighi]] ([[1628]] - [[1694]]), que descubriu os [[Capilar|capilarescapilar]]es sanguíneos (a existencia dos cales xa fora prevista por Harvey), os [[Alvéolo pulmonar|alvéolos pulmonares]], a circulación renal (as [[ril|pirámides de Malpighi]] levan o seu nome) etc., e [[Robert Hooke]] ([[1635]] - [[1703]]), que introduciu o termo [[célula]] ao ver o parecido entre un tecido suberoso (de cortiza), visto ao microscopio, e as celas dun [[favo]]).
 
E entre os do [[século XVIII]] cabe destacar a [[Anton van Leeuwenhoek]] ([[1632]] - [[1723]]), descubridor dos [[protozoos]] e primeiro observador de células como os [[Eritrocito|glóbulos vermellos]], os [[Espermatozoide|espermatozoidesespermatozoide]]s e as [[bacterias]], [[John Needham]] ([[1731]] - [[1789]]), defensor da xeración espontánea, e [[Lazzaro Spallanzani]] ([[1729]] - [[1799]]), detractor da mesma.
<div style="text-align:center;"><gallery>
Ficheiro:Jan Verkolje - Antonie van Leeuwenhoek.jpg|[[Anton van Leeuwenhoek]]