Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Patrimonio arqueolóxico: ligazóns e quito grosas non necesarias
Liña 429:
 
Grupo de Seixas, na parroquia de Andrade:
* '''Seixas I''': En regular estado de conservación, posúe un balado de 1,5 metros de alto en todo o contorno agás polo leste onde levanta 40 centímetros. Áchase nun terreo en ladeira adicado a arborado de repoboación.
* '''Seixas II''': As mesmas características e dimensións ca Seixas I.
* '''Seixas III''': Emprazado nunha chaira con arborado de repoboación, áchase en moi mal estado.
Dous túmulos en Pena Grande, parroquia de Ombre:
* '''Pena Grande I''': En regular estado de conservación, está situado nun cume con arborado e monte baixo. Ten un diámetro de 22 metros e unha altura entre 50 e 80 centímetros.
* '''Pena Grande II''': En ladeira con arborado de repoboación, ten un diámetro de 12 metros e 30 centímetros de altura. Atópase en moi mal estado de conservación, practicamente arrasado.
Dous túmulos no Campo da Carreira da parroquia de Ombre:
* '''Campo da Carreira I''': Nunha chaira con arborado e monte baixo, ten unha longura de entre 16 e 18 metros e 50 centímetros de alto. Moi mal estado de conservación.
* '''Campo da Carreira II''': Está practicamente arrasado. Situado nunha chaira con arborado e monte baixo, ten 11 metros de diámetro e 30 centímetros de alto.
 
;Castros
Liña 445:
* [[Castro das Insuas]] ou '''da Insua''': é un castro costeiro situado nunha [[península]] no lugar da Barreira, na parroquia de [[Boebre]]. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En [[2011]] a [[Asociación cultural Ardóbriga]] liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre<ref>{{Cita web |url=http://ardobriga.blogspot.com.es/search?updated-max=2012-05-27T20:38:00%2B02:00&max-results=7&start=14&by-date=false |título=Primeira campaña arqueolóxica de Ardóbriga (3 entregas) |editor=Asociación cultural Ardóbriga |dataacceso=22 de febreiro de 2014}}</ref>.
* [[Castro de Centroña]]: famoso por atoparse nas súas proximidades un [[Torque (colar)|torque]] de ouro en [[1912]] que se conserva no [[Museo Provincial de Lugo|Museo Arqueolóxico de Lugo]]<ref>{{Cita web |url=http://ardobriga.blogspot.com.es/search?updated-max=2013-01-11T19:52:00%2B01:00&max-results=7&start=7&by-date=false |título=1912-2012 Cen anos do torques de Centroña |editor=Asociación cultural Ardóbriga |dataacceso=22 de febreiro de 2014}}</ref>. Está no cumio dun monte de escasa altura no lugar de [[Castrelo, Centroña, Pontedeume|Castrelo]], parroquia de [[Centroña]]. Consta dun recinto principal amurallado rodeado á súa vez por un antecastro no lado norte e oeste. Circúndano, na súa totalidade, un importante sistema de socalcos.
* '''[[Castro de Chao''']]: áchase no lugar de [[Chao de Ombre, Ombre, Pontedeume|Chao]] na parroquia de [[Ombre, Pontedeume|Ombre]]. Está arrasado polos cultivos, conservándose só unha parte do recinto principal que puido ser de forma alongada.
* '''[[Castro de Andrade''']]: no lugar dos [[Os Castros, Andrade, Pontedeume|Castros]] da parroquia de [[Andrade, Pontedeume|Andrade]]. Está nunha ladeira e posuía dous grandes recintos fortificados dos que só se conserva o superior e un complexo sistema defensivo de muros e foxos.
* '''[[Castro da Orela''']]: situado no lugar [[A Orela, Ombre, Pontedeume|homónimo]], na parroquia de Ombre. Componse dun recinto principal circular defendido por unha muralla. No seu lado norte encóntrase un antecastro que presenta as mesmas características defensivas que o recinto principal. Áchase moi arrasado pola existencia dunha canteira, un recheo de entullos e un camiño.
 
;Estacións arqueolóxicas romanas
[[Ficheiro:Praia de Sopazos.JPG|miniatura|esquerda|Praia de Sopazos, sobre a cal se descubriron restos dunha vila romana.]]
* '''Vila Romana de Centroña''': situada no lugar do [[O Portiño, Centroña, Pontedeume|Portiño]] na parroquia de Centroña, atopada no ano [[1950]] é un exemplo de ''villae e mare''. Está moi alterada pola acción erosiva do mar, mais, con toda probabilidade, aínda existan ocultas diferentes estruturas. Na campaña de escavación que se efectuou no ano [[1951]] dirixida por [[José María Luengo Martínez]] descubriuse unha gran sala coas paredes recubertas de estucados moldurados e pintados, pavimentada cun [[mosaico]] cuxos restos se trasladaron ao [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón]] d[[a Coruña]], e aberta cara á ría a través dunha presunta sucesión de fiestras e pilastras alternadas, o que fai supor a existencia dunha galería corredor<ref name="castros"/>. Luengo publicou os resultados das escavacións nos ''[[Cuadernos de Estudios Gallegos]]'' en [[1962]], datándoa no [[século IV]]<ref name="deCastro2007">{{Cita Harvard sen parénteses |De Castro |2007 |loc=Prehistoria, Edades Antigua y Media en la comarca eumesa: bibliografía y estado de la cuestión (Cátedra nº 14) |ref=Cátedra}}{{Es}}</ref>.
* '''Sopazos''': no lugar homónimo, moi preto do centro urbano. É un asentamento costeiro moi arrasado pola acción costeira e do home. A pesar de todo e posíbel que se conserven estruturas debaixo dos actuais socalcos que o cobren. [[Ángel del Castillo]] descríbeo a principios do século XX do seguinte xeito<ref name="antigos"/>:
:{{cita|Un lugar formado ata agora por unhas sete casas pequenas, de forma rectangular e muros de cachotaría, todas con escaleiras de entrada... con chanzos... de cantería labrada... pedras de cantería... a clave dun arco, unha pedra de fogar, unha especie de base de semicolumna... restos de ánforas romanas.}}