Víctor Manuel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced:

(3)
Liña 5:
| nome completo = Víctor Manuel San José Sánchez
| alias =
| naceu = {{data|7|07|1947|idade}}
[[Mieres del Camino]] [[Mieres, Asturias|Mieres]]
{{AST}}
| orixe =
| morreu =
Liña 58:
Grazas aos labores de [[José María Iñigo]], no seu programa ''Hoy, 14:15'', o [[30 de xaneiro]] de [[1975]] volve aparecer nas pantallas de TVE tras anos de veto. Saca un álbum de urxencia, ''Cómicos'', pola folga de actores. O [[20 de decembro]] participa no Festival de Panxoliñas Novas de Pamplona, xunto a [[Luis Eduardo Aute]], [[Rosa León]] e [[Luis Pastor]] entre outros. Canta tres cancións non permitidas, nunha pide a amnistía e por iso pasa a noite detido. Xa levaba un tempo recibindo anónimos na súa casa, pero é en [[1976]], aproveitando unha viaxe súa en [[Cuba]], cando grupos de extrema dereita fan estalar unha bomba na súa casa de [[Torrelodones]]. Ese mesmo ano nace o seu primeiro fillo, David.

Xa en [[1977]] participa en moitos actos do [[PCE]], era o seu coordinador musical. Viaxa á [[República Democrática Alemá]] onde grava ''Spanien''. Disco que aquí nunca sairía con temas tampouco nunca gravados aquí como "Nadie nos niegue el derecho" na que pide a legalización do PCE e "Veremos a Dolores". Si sairía o disco ''Candido'' de Voltaire. Obra de teatro para a que Víctor compuxo a música. Tamén compón este ano as bandas sonoras de ''La Criatura'' de [[Eloy de la Iglesia]] e ''Las truchas'' de [[José Luis García Sánchez]].
Grava ''Canto para todos'', disco por unha cara político e por outras con temas sobre Asturias.

Entrando no ano [[1978]], Víctor grava colaborando co grupo asturiano [[Nuberu]] "Aida la fuente", canción mítica na historia de Asturias e "Xuanín, l´home da unidá", dedicado a Juan Muñoz Zapico, líder sindical de [[Comisións Obreiras|CC.OO]] morto en accidente de automóbil en 1977, cuxa música é de Nuberu e letra de Manuel Asur. Estes últimos anos son de fracaso comercial, só arma balbordos coa súa obra.