Benito Pérez Galdós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/entanto,%20no
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 22:
En setembro dese ano inicia a súa marcha a [[Madrid]] onde cursa a carreira de Dereito, como previsto. No entanto, dedica o curso a escoitar a Fernando de Castro, Francisco de Paula Canalejas, Adolfo Camus e Valeriano Fernández. Alí tamén coñecerá ao fundador da [[Institución Libre de Ensino]], [[Francisco Giner dos Ríos]], que lle alentou a escribir e fíxolle sentir curiosidade por unha filosofía, o [[Krausismo]], que marcará fortemente a súa primeira novelística; pero de momento limítase a frecuentar os teatros e crear con outros escritores paisanos seus a «[[Faladoiro]] Canaria» en Madrid, mentres acode a ler ao [[Ateneo de Madrid|Ateneo]] aos principais narradores [[Europa|europeos]] en [[Lingua inglesa|inglés]] e [[Lingua francesa|francés]].
 
En [[1865]] asiste aos feitos da [[Noite de San Daniel]], os cales lle impresionan vivamente, e ese mesmo ano comeza a escribir como redactor meritorio nos xornais ''La Nación'' e ''El Debate'', así como na ''Revista del Movimiento Intelectual de Europa''. Ao ano seguinte, e en calidade de xornalista, é testemuño do pronunciamento dos sarxentos do Cuartel de San Gil. Leva unha vida cómoda vivindo primeiro por dúas das súas irmás e logo en casa do seu sobriño, José Furtado de Mendoza. Segundo pintou [[Ramón Pérez de Ayala]], o que as fotografías confirman, era un descoidado no vestir, conformábase sempre con ir de tons sombríos para pasar desapercibido e no inverno levaba enrolada ao pescozo unha bufanda de lá branca, cun cabo colgando do peito e outro ás costas, un puro a medio fumar na man e, cando estaba sentado, aos pés o seu can alsaciano. Cortábase o pelo ao cero e padecía horribles migrañas.
 
Era proverbial a súa timidez, que lle facía ser máis que parco en palabras e en aspecto dunha modestia inverosímil, ata o punto de sufrir ao falar en público. Entre as súas dotes estaba o posuír unha memoria visual portentosa e unha retentiva incrible que lle permitía lembrar capítulos enteiros do [[Don Quixote da Mancha|Quixote]] e detalles minúsculos de paisaxes vistas soamente unha vez vinte e cinco anos antes. Diso nacía tamén a súa gran facilidade para o debuxo. Todas estas calidades desenvolveron nel unha das facultades máis importantes nun novelista, o poder de observación.