Diferenzas entre revisións de «Ana Comnena»

m
Arranxos varios
(arranxos)
Etiqueta: edición de código 2017
m (Arranxos varios)
'''Ana Comnena''' ([[Lingua grega|grego]]: ''Άννα Κομνηνή'', [[Lingua latina|latín]]: ''Anna Komnēnē), nada o'' [[3 de decembro]] de [[1083]] e finada en [[1153]], foi unha princesa bizantina de gran cultura, filla do emperador bizantino [[Aleixo I Comneno]] e de Irene Ducas. Autora da Alexiada, a historia do reinado do seu pai, converténdose así nunha das primeiras mulleres historiadoras occidentais.
 
Filla primoxénita do emperador [[Aleixo I Comneno]], recibiu unha esmerada educación que a converteu en erudita en literatura bizantina, [[historia]], [[xeografía]], [[mitoloxía]], e mesmo [[Filosofía|filosofía]]. Casou en 1097 con [[Nicéforo Brienio, o Mozo|Nicéforo Brienio]], fillo dun antigo pretendente ao trono imperial. Intrigou xunto coa súa nai, Irene Ducas, para conseguir que o emperador Aleixo I, nomease sucesor ao seu marido en lugar do seu irmán [[Xoán II Comneno|Xoán]]. Ao acceder ao trono o seu irmán Xoán II Comneno, Ana e a súa nai retiráronse a un mosteiro. Alí, Ana escribiu ''A Alexiada'', historia en [[Lingua grega|grego]] do reinado do seu pai, Aleixo I, en quince libros. A obra, que foi terminada en 1148, relata a carreira política do seu pai desde 1069 até a súa morte en 1118. É a continuación da historia que o seu marido, Nicéforo Brienio, comezara a escribir, e que se viu interrompida á súa morte, en 1137.
 
== Traxectoria ==
 
=== Historiadora ===
No recollemento do mosteiro, Ana dedicouse ao estudo da [[filosofía]] e a [[Historia|historia]]. Atendeu reunións intelectuais, incluíndo algunhas dedicadas ao estudo de Aristóteles. O xenio intelectual e a súa fame de saber é evidente nos seus traballos. Entre outras cousas, estaba versada en filosofía, gramática, teoloxía, astronomía e medicina. Algo que se infere do estudo da súa obra máis celebrada ''A Alexiada'', na que cita de memoria pasaxes de [[Homero]] ou da [[Biblia]], a pesar de cometer pequenos erros nas devanditas citas. Os seus contemporáneos, tales como o bispo metropolitano de [[Éfeso]], Xurxo Torniques, considera a Ana como unha persoa que alcanzou “as máis altas cimas da sabedoría, tanto laicas como divinas”.
 
Como historiador, Nicéforo Briennio escribira un ensaio denominado “Material para a historia”, centrado no reinado de Aleixo I. Morreu en 1137 antes de acabar o seu traballo. Á idade de 55, Ana impúxose acabar o traballo do seu marido, denominándoo ''A Alexiada'', a historia da vida do seu pai e o seu reinado (1081–1118). ''A Alexiada'' é hoxe a fonte principal da historia e política bizantina de finais do século XI e principios do XII.
 
Na Alexiada, Ana dá unha visión das relacións políticas entre Aleixo I e os occidentais. Describe vívidamente o [[Arma|armamentoarma]]mento, as tácticas e as batallas. Debe terse en conta que ela escribe sobre sucesos que tiveron lugar cando era unha nena, e que non podía lembrar como testemuña. A súa neutralidade queda comprometida xa que escribe co fin de loar ao seu pai e denigrar ao seu sucesor. A pesar da súa parcialidade, a súa descrición da Primeira Cruzada é de gran valor para a historia xa que é a única descrición que se ten realizada por parte dos [[Grecia|gregos]]. Ela recolle o punto de vista de figuras clave da elite grega. O seu marido Nicéforo Briennio loitara no conflito que xurdiu co xefe cruzado [[Godofredo de Bouillon|Godofredo de Bouillón]] nos arredores de Constantinopla en Martes Santo de 1097. O seu tío Xurxo Paleólogo estaba presente en Pelkano en xuño de 1097 cando Aleixo I discutiu a futura estratexia dos cruzados. Así ''A Alexiada'' permite observar a cruzada desde unha perspectiva bizantina. Transmite a alarma que sentiu coa chegada das forzas europeas a través do [[imperio Bizantino]], e os perigos en que puxeron a seguridade de [[Constantinopla]].
 
Digno de mencionar é o retrato que fai do cruzado Bohemundo de Tarento, normando do sur de Italia, quen baixo a xefatura do seu pai [[Robert Guiscard|Roberto Guiscardo]], invadira parte do territorio bizantino nos Balcáns en 1081. Aínda que o considera un bárbaro e fai del “o malo” na súa obra, pola inimizade co seu pai así como a súa conquista de [[Antioquía]], antiga cidade bizantina, hai máis dunha insinuación de estar encaprichada con el. Ana Comneno identificou por primeira vez na Alexiada, os valacos dos Balcáns cos dacios e os búlgaros con tracios: "... hai (Haemus) viven ricas tribos, os dacios e os tracios na vertente norte (A Alexiada, XIV, IV). .O libro igualmente contribúe a comprender a mentalidade feminina da época así, como do mundo bizantino no que se desenvolve a súa historia.
** [https://web.archive.org/web/20100803130117/http://faculty.txwes.edu/csmeller/Human-Experience/ExpData09/03Biee/BieeWRTs/1ByzWRTs/Komnene1083/Alexiad1148/Alexias.pdf Alexias] — Edición en grego. En: Departamento de ciencia Tecnoloxía e Comunicación da Universidade do Exeo; texto en ''[[PDF]]''.
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Dinastía Ducas-Comneno]]
[[Categoría:Finados en 1153]]
385.528

edicións