Ribeira Sacra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
One2 (conversa | contribucións)
Liña 30:
O primeiro testemuño escrito que temos do topónimo é o documento fundacional do [[Mosteiro de Santa María de Montederramo]], outorgado en [[Allariz]], o [[21 de agosto]] de [[1124]] por dona Teresa de Portugal. A nomenclatura popularízase co gallo da publicación, tradución e comentario do devandito documento polo historiador Fray Antonio de Yepes, que sinalou que o documento facía referencia á zona coma "''Rivoira Sacra''", traducindo coma "''Ribeira Sacra''", en referencia á gran cantidade de mosteiros existentes na zona.
 
O historiador [[Manuel Vidán Torreira]] puxo en dúbida esta tradución en 1987, coa publicación dunha serie de artigos en ''[[La Voz de Galicia]]'' e un traballo titulado "El roble sagrado de la Rivoira Sacrata". Vidán deriva "riboira/reboira/reboiro", e conclúe que Rivoira respondería denantes ó latino "robur, -oris" (Carballo) que a "riparia".<ref>[http://www.usc.es/estaticos/xornal-historico/opinion_amp59ea.html?p=8763 Xesús López Fernández ''Do nome da Ribeira Sacra. Xornal da USC'']</ref> Porén, esta tese adquiriu máis relevancia grazas a outro historiador, Torquato de Souza Soares, quen, sometendo a estudo crítico o documento fundacional e publicándoo en [[facsímile]], atopa un erro na transcrición de Fray Antonio de Yepes, e sinala que no documento pódese ler claramente ''"Rovoyra"'' e non "''Riboira''"; o que o aparta de "RiberaRibeira" e podería ter o significado de Carballeira ("''Robledal''"), do latín "''Rubus''". Vidán xa nos pon co seu traballo en sintonía coa obra de [[James Frazer]] "[[A ponla dourada]]", onde se recollen as tradicións [[Celtas]] en torno ao carballo, árbore que tiñan por sagrada e gardiá do espírito da tribo, sendo as fragas de carballos lugares obxecto de veneración. Vidán tamén se refire ao propio topónimo de [[Montederramo]] como unha probable alusión ao [[visgo]] recollido polos [[druída]]s, para reforzar a visión da orixe deste topónimo antes como "''Carballeira Sagrada''" que como a xa establecida popular e turisticamente de (''Ribeira Sacra'').
 
== Concellos da Ribeira Sacra ==