Diferenzas entre revisións de «Cambados, Cambados»

Corrixo o nome das torres: son do lugar de Oeste
m (→‎Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san)
(Corrixo o nome das torres: son do lugar de Oeste)
A parroquia de Santa Mariña toma nome da [[Igrexa de Santa Mariña Dozo]], construción [[románico|románica]] tardía do século XII, parcialmente derruída tras un incendio no século XIX, da que se conservan os impoñentes arcos de pedra e a torre almeada. Esta igrexa está ó pé do Monte da Pastora, que alberga unha pequena ermida e un miradoiro con vistas sobre a [[ría de Arousa]] e o casco urbano de Cambados.
 
Perfectamente visible dende o miradoiro atópase a [[torre de San Sadurniño]], construción pertencente ó complexo defensivo de Compostela xunto coa [[torre da Lanzada]] e as [[torres dode Oeste]] ([[Catoira]]). Esta torre está edificada nun illote ó pé do barrio de San Tomé e atópase parcialmente derruída, mantendo en pé dous dos muros perimetrais que configuran unha esquina. O illote é accesible a pé mediante unha ponte de recente construción.
 
No mesmo barrio de San Tomé, e mesmo en fronte ó porto homónimo, atópase o [[pazo de Montesacro]] e a súa escalinata imperial. Hoxe en día o pazo é propiedade da Igrexa e realiza labores de asilo dos anciáns.
3.579

edicións