Diego Xelmírez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Corrixo o nome das torres: son do lugar de Oeste
Liña 37:
 
== Traxectoria ==
A súa data e lugar de nacemento non se coñecen, pero parece que naceu en Santiago entre [[1068]] e [[1070]] (Briggs: páx. 43), aínda que a tradición sitúa o seu lugar de nacemento en [[Catoira]], posiblemente porque seu pai, [[Xelmirio]], era o custodio das [[torres dode Oeste]]. Educouse na [[Escola Catedralicia de Compostela]] e máis tarde na corte de [[Afonso VI]]. De volta a Compostela traballou na chancelería do bispo [[Diego Páez]]. No ano [[1092]], o conde [[Raimundo de Borgoña]] nomeouno o seu notario e secretario e, no ano [[1093]], administrador do ''honor'' da sé compostelá, cargo que exerceu con acerto até que foi elixido bispo [[Dalmacio]] no ano [[1094]]. Á morte deste, no ano [[1095]], o clero solicitou ao rei que Xelmírez volvese ao posto de administrador, cousa que fixo en canto a sé estivo vacante. No ano [[1099]] o novo papa [[Pascual II]] autorizou a elección dun novo bispo. Deste xeito, no tempo en que Xelmírez estaba en peregrinación cara a Roma e foi ordenado diácono polo propio Papa, foi tamén elixido bispo o [[1 de xullo]] de [[1100]]. A consagración tivo lugar o 21 de abril de [[1101]].
 
=== [[Roma]] e Santiago ===