Catoira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito poboación, obtido de wikidata
Corrixo o nome das torres: son do lugar de Oeste
Liña 127:
O [[Monte das Mámoas]] é un conxunto de dúas [[mámoa]]s do [[neolítico]], situadas na parroquia de [[Oeste, Catoira|Santa Baia de Oeste]], descubertas en [[1956]] por [[Ramón Sobrino Buhigas]]. Teñen uns 22 metros de diámetro cada unha, e están orientadas en dirección N-S. No lugar de Cores (de Abalo) foi atopada en 1988 unha hacha do [[calcolítico]]., feita con rocha metamórfica puída.
 
No río Ulla, preto das [[Torres dode Oeste]], foron atopadas varias espada de [[bronce]], conservada en mans de particulares, no [[Museo de Pontevedra]] e no [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón|Museo arqueolóxico da Coruña]]. Esta última ten estoque de bronce con encaixes semicirculares na base. Fáltanlle dúas terceiras partes da empuñadura, conservándose parte dunha das perforacións para un cravo e dous remaches. A folla está moi deteriorada e reducida, con vestixios de finas estrías e dous finos nervios paralelos que se unen no terzo inferior e rematan no pico. Tiña unha lonxitude de 50 cm, cun ancho de 4,5 cm na parte máis grosa.
 
Da [[cultura castrexa]] consérvanse restos do [[castro de Tarrío]], un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]] situado preto da igrexa de Dimo no que apareceron restos de cerámica. O [[castro das Torres]] mostra indicios dunha actividade metalúrxica e comercial importante, pois nel apareceron materiais de importación por vía marítima como ánforas, cerámica campesiña e fragmentos de tradición ibérico- púnica. Río arriba hai restos doutros asentamentos arqueolóxicos relacionados co comercio e as comunicacións.
Liña 133:
A zona sufriu as [[viquingos en Galicia|invasións normandas]], tendo lugar os principais ataques nos anos 858, 968 e 1016. No segundo deles unha escuadra de cen naves desembarcou en Cabreira dirixíndose cara a [[Iria Flavia]]. Na batalla de Fornelos, á beira do río Louro, na que faleceu o [[arquidiocese de Santiago de Compostela|bispo compostelán]] [[Sisnando]].
 
O rei [[Afonso V o Nobre]] doou a illa de Oneste no ano [[1024]] ó [[diocese de Iria Flavia|bispo iriense]] [[Vistruario]] para construír unha fortaleza, as [[Torres dode Oeste]], co fin de facer fronte aos ataques viquingos. O bispo de Iria [[Cresconio]] reformou a fortaleza e mandou tender unha grosa cadea entre as dúas beiras da ría para impedir o paso das naves. Os sucesores de Cresconio, [[Diego Páez]] e [[Diego Xelmírez]], seguiron mellorando o recinto, que tomou a súa estrutura definitiva no [[século XII]], quedando composta a fortaleza por sete torres que amurallaban un recinto arrodeado de pantanos.
 
Xelmírez mandou construír unha capela adicada ao [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]]. A partir do [[século XV]],a fortaleza comeza a súa decadencia, e finalmente no ano [[1525]] gran parte das construcións foron destruídas.