Estadio Municipal de Balaídos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ligazón a Antón Román Conde
Engadir información na historia
Liña 20:
== Historia ==
O [[topónimo]] do lugar deriva de ''Abeladíos'', facendo referencia a un lugar onde abondan as [[abeleira]]s<ref>[http://toponimiavigo.blogaliza.org/2012/09/06/26/ "Balaídos: existen máis lugares con ese nome? Que significa?"], no blog ''Toponimia de Vigo'', 6 de setembro de 2012.</ref>. O estadio é obra do arquitecto [[Jenaro de la Fuente Álvarez]] e foi inaugurado o 30 de decembro de [[1928]] cun partido entre o [[Celta de Vigo]] e o [[Real Unión de Irún]], no que gañou o Celta por 7-0. Entre [[1967]] e [[1971]] o concello levou a cabo unha reforma en profundidade unha por unha a tódalas bancadas, dándolle a configuración actual, salvo a banda de Río (que recibe o seu nome por estar sobre o [[río Lagares]]).
 
No ano 1969 realizouse unha remodelación para ampliar a zona de pé e asento baixo viseira nas bancadas de Marcador, Tribuna e Gol. O proxecto foi asinado polo arquitecto [[Antón Román Conde]] en colaboración coa empresa madrileña Construcciones Laminares S.L., dos arquitectos [[José Ruiz-Castillo y Ucelay]] e mais [[Ricardo Urgoiti]], especializados nas láminas de formigón armado. Representou un grande desafío técnico xa que debía construírse en moi pouco tempo e a cuberta de formigón acadaba na lonxitude máxima os 16,5 metros.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Conde|nome=A. Román|apelidos2=Presa|nome2=Emilio|apelidos3=Lumbreras|nome3=José|data=1972-04-30|título=Nuevo estadio municipal de Balaidos – España|url=http://informesdelaconstruccion.revistas.csic.es/index.php/informesdelaconstruccion/article/view/3254|revista=Informes de la Construcción|páxina=73–79|lingua=es|doi=10.3989/ic.1972.v24.i239.3254|ISSN=1988-3234|volume=24|número=239}}</ref>
 
Posteriormente foi remodelado con motivo da acollida do Mundial de fútbol de [[1982]], na que se completa a remodelación anterior e reformase entre outras cousas a bancada de Río. Tamén se fixeron obras no campo en [[2004]] con motivo da primeira participación do [[Celta de Vigo|Celta]] na súa historia na [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], e adecuando o estadio á normativa da [[FIFA]]. Naquel momento o estadio tería unha capacidade de 31.800 espectadores.