Síux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado contido de en:wiki
arranxiño
Liña 16:
Os síux eran un dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux e que se agrupaban a partir de tres variedades lingüísticas da [[lingua síux]]: [[Lingua dakota|Dakota]], [[Lingua lakota|Lakota]] e [[Nakota]] que, ás veces, aparecen indicadas polos grupos tribais como [[Pobo lakota|lakota]], [[Pobo Santee|santee]] e [[Pobo Yankton-yanktonai|yankton-yanktonai]].
 
Os santee dakota (''Isáŋyathi''; "coitelo") residen no extremo leste das Dacotas, [[Minnesota]] e norte de [[Iowa]]. Os yankton e yanktonai Dakota (''Iháŋktȟuŋwaŋ'' e ''Iháŋktȟuŋwaŋna'', "Aldea ao final" e "Pequena vila ao final"), colectivamente tamén denominados polo endónimo ''Wičhíyena'', residen preto do [[río Minnesota]]; considéranse os síux medios e, no pasado, foron erroneamente clasificados como Nakota. Os nakota reais son os [[assiniboine]] (de [[Montana]]) e stoney do oeste de [[Canadá]] e [[Montana]]. Os lakota, tamén chamados teton (''Thítȟuŋwaŋ'', posiblemente "Habitantes da pradeira"), son os síux máis occidentais, coñecidos pola súa cultura de caza e guerreiros.
 
Hoxe en día, os síux manteñen moitos gobernos tribais dispersos en numerosas reservas e comunidades de [[Dacota do Norte]], [[Dacota do Sur]], [[Nebrasca]], Minnesota e [[Montana]] nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]; e [[Manitoba]], o sur de [[Saskatchewan]] e [[Alberta]] en [[Canadá]].