Axuda:Como trocar o nome dunha páxina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
orto
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 28:
A operación de mudanza de nome móstrase no historial da páxina co título vello. Porén, se a páxina se volve a mover para o nome anterior, o historial da páxina co título intermedio mostra exclusivamente o último movemento, xunto co nome do wikipedista mais coa hora da primeira vez que se moveu. En consecuencia, pérdense o nome do usuario que primeiro moveu a páxina e a hora do segundo movemento (excepto o que se vexa en "Cambios recentes").
 
Se o título novo xa existe e non é simplemente unha redirección sen historia (e, ás veces, mesmo así), o wiki dirache que non se lle pode mudar o nome ao artigo. Nesta situación, deberás xuntar manualmente as dúas páxinas ou (só se non hai contido real na páxina) pedir unha votación para que se elimine e, unha vez logrado isto, proceder ao troco de nome. O feito de mover un artigo para un que era unha redirección require quesolicitar a redirección[[Axuda:Fusión|fusión]] apuntedos parahistoriais adas páxinadúas que se vai moverpáxinas.
 
Hai que lembrar que as redireccións a redireccións non se seguen automaticamente. É lóxico e así se deseñou o software: evítanse os círculos viciosos e as innumerábeis redireccións que se coñecen como "vínculos spaghetti". <font color=green>Unha vez movida unha páxina, utiliza sempre "Páxinas que ligan con esta" para arranxar as redireccións múltiples e para asegurarte de que non se racharon vínculos</font>. Porén, esta operación non a debes acometer inmediatamente: espera unhas horas para asegurarte de que ninguén se opuxo á mudanza de nome e desfixo a túa.
 
Convén que copies a mensaxe "Páxina ... movida para ..." á nova páxina de conversa, particularmente no caso de ter habido debate sobre o nome da páxina.
 
==Desfacer==