Literatura inglesa medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Durante este período de tempo ten lugar en Inglaterra un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo inglés: Guillerme I de Inglaterra (o Conquistado...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Durante este período de [[tempo]] ten lugar en [[Inglaterra]] un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo [[inglés]]: [[Guillerme I de Inglaterra]] (o Conquistador), procedente de [[Francia]], convértese no novo [[rei]] de Inglaterra a partir do [[século XI]]. Guillerme invadíu Inglaterra dende [[Normandía]], levando á súa [[armada]] á [[vitoria]] na [[Batalla de Hastings]] en [[1066]]. A conquista normanda de Inglaterra trae como consecuencia un punto e a parte na evolución da [[lingua]] do [[país]], un parón na produción literaria do inglés e un período de desprestixio social e decadencia deste [[idioma]]. Ocasionou unha situación de [[diglosia]] na [[sociedade]] inglesa da época que contribuíu á separación das clases sociais: mentrasmentres o [[rei]] e a [[nobreza]] falaban [[francés]], os membros da [[Igrexa]] empregaban [[latín]] e a xente pertencente aos estamentos máis baixos da sociedade falaban "a vernácula" (inglés).
A diglosia foi o factor que provocou o progresivo proceso de [[crioulización]] que o inglés sufríu co francés e en menor medida co latín dende a [[Idade Media]]. A palabras de orixe [[xermánico]] propias do anglosaxón orixinal comotales coma o adxectivo ''"kingly"'' (monárquico) ou o verbo ''"to ask"'' (preguntar) foron incorporados sinónimos franceses comocoma ''"royal"'' e ''"to question"'' ou latinos comocoma ''"monarchical"'' e ''"to interrogate"'' respectivamente.
 
Durante a alta [[Idade Media]] houbo escasa produción literaria en inglés debido á súa negativa situación [[sociolingüística]]. Só a partir do [[século XIII]] é cando hai unha progresiva recuperación literaria do inglés que sería o preludio do xurdimento do [[nacionalismo inglés]] a partir do [[século XIV]].
 
=== Prosa ===
 
A grande obra en prosa do medievo inglés é o [[Domesday Book]]. É unha das primeiras obras escritas na [[Idade Media]] inglesa. Trátase dunha [[escolma]] de todas as posesións que o novo rei, [[Guillerme I]], tiña en [[Inglaterra]]. Data do [[século XI]] e foi encargado polo propio Guillerme I o Conquistador. É un libro comparable e contrastable á [[Crónica Anglosaxoa]] do periodo literario anterior.
 
=== Lírica ===
Liña 12:
A poesía que se compón na [[Inglaterra]] medieval pódese dividir en dous grandes bloques: a poesía anterior ao [[século XIV]] e a posterior. Na Inglaterra do século XIV ten lugar o xurdimento do [[nacionalismo inglés]] como movemento cultural e social que rexeita, particularmente na literatura, os patróns de composición poética que veñen dende [[Francia]] e aposta pola revitalización da [[poesía]] aliterativa tradicional anglosaxoa.
 
Antes do xurdimento deste [[nacionalismo]] cultural que se desenvolveu ao longo do século XIV, en Inglaterra, atópase unha actitude de imitación á lírica francesa que se estaba a desenvolver na [[Francia]] da época. Esta práctica é común no medievo inglés. A orixinalidade non é importante. Prácticas como a imitación, a alusión e a tradución son moi habituais.
 
Os poemas compostos agrúpanse en tres "tradicións" diferentes:
 
* 1º Aqueles que pertencen á ''"tradición popular"'': Tratan temas que teñan relación coa vida cotiá co propósito de entreter á xente. A relación entre dous amantes tende a ser un tema recurrente. Hoxe se conservan en [[manuscrito]]s e [[escolma]]s literarias comocoma os "Harley Lyrics".
 
* 2º Aqueles que pertencen á ''"tradición clerical"'': Feitas co propósito de proclamar a doutrina cristiá. Moitas delas son copias de pasaxes tiradas da Biblia ou diálogos entre figuras relixiosas.
 
* 3º Aqueles que pertencen á ''"tradición do amor cortés"'' (''Courtly Love Tradition''): Esta tradición comezou na [[Provenza]] francesa. As composicións dos trobadores eran reclamadas por mulleres pertencentes ás clases altas xa que este tipo de literatura resalta as virtudes da [[muller]]. [[Leonor de Aquitania]] e a súa filla Marie eran especialmente afeccionadas a este tipo de poesía. Estaban moi satisfeitas coa prominencia e idealización da muller.
 
Trátanse de composicións curtas, cunha estrutura repetitiva e un estilo simple. Os poetas acostumaban a contar as sílabas, son composicións con [[rima]] e a [[estrofa]] adoita a estar moi elaborada. Este peculiar patrón fainas doadas de lembrar.