Xesús de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 20:
'''Xesús de Nazaret''', tamén coñecido como '''Xesús''', '''Cristo''', '''Xesucristo''' ou '''Xesús Cristo''',{{sfn|Mariño Paz|Suárez Vázquez|2006}} é a figura central do [[cristianismo]] e unha das figuras máis influentes da [[cultura]] [[Occidente|occidental]]. Para a maioría das [[denominacións cristiás]], é o [[Fillo de Deus]], a segunda Persoa da [[Santa Trindade]], sendo ao mesmo tempo plenamente [[humano]] ([[Deus (cristianismo)|Deus]] encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- [[Redención#No cristianismo|redimiu]] o xénero humano. O [[xudaísmo]] nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No [[islam]], onde é coñecido como ''[[Xesús no islam|Isa]]'', é considerado un dos [[profeta]]s máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura<ref name=existencia/>, Xesús de Nazaret foi un predicador [[xudaísmo|xudeu]]<ref>O xudaísmo de xesús non é cuestionado na actualidade por ningún estudoso serio do Xesús histórico. Como escribe William Arnal («The cipher “judaism” in contemporary historical Jesus scholarship», en John S. KLOPPENBORG (ed.): [http://books.google.es/books?id=q5pNt46fQx4C&pg=PA25&lpg=PA25&dq=%22jesus+was+a+jew%22+jesus+seminar&source=bl&ots=1HQNvqmFVm&sig=b70bw8W-juvtEQ1ZdrLc4lZsMEA&hl=es&ei=T2hjStO7IZ-5jAeTm439Dw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=9 ''Apocalypticism, anti-semitism and the historical Jesus''], pág. 24, «no contemporary New Testament scholar contests that Jesus was a jew». Véxase, por exemplo, o libro de Joseph Klausner: ''Jesús de Nazaret''. Barcelona: Paidós, 2006, ISBN 84-493-1834-3, quen manifesta de xeito terminante «Jesús era judío, y siguió siendo judío hasta su último aliento» (páx.469). Con igual claridade se expresa Edward Kessler, en [http://web.archive.org/web/20080325022930/http://www.bbc.co.uk/religion/programmes/thepassion/articles/jesus_the_jew.shtml «Jesus the jew»] (artigo en BBC.co.uk): «One of the certain facts about Jesus was that he was a Jew. He was a child of Jewish parents, brought up in a jewish home and reared among jewish traditions. Throughout his life, Jesus lived among Jews and his followers were jews».

Bart D. Ehrman sinalou que «unha das ironías do cristianismo primitivo é que Xesús mesmo era un xudeu que veneraba o Deus dos xudeus, observaba os costumes xudeus, interpretaba a lei xudía e tivo discípulos xudeus, que o consideraban o mesías xudeu» (Bart D. EHRMAN: ''Jesús no dijo eso''. Barcelona: Ares y Mares, 2007, ISBN 978-84-8432-852-0; P. 233).

Un desenvolvemento amplo do tema, con referencia ás investigacións de Geza Vermes, pode encontrarse na rede: [http://www.leaderu.org/theology/jesusjew.html «Jesus the jew»], artigo de Jonathan Went, en inglés.

Os autores da chamada [[terceira busca do Xesús histórico]] fixeron especial incidencia no xudaísmo de Xesús. Véxase, por exemplo: John Dominic Crossan (''Jesús, vida de un campesino judío'', 1994, ISBN 84-7423-655-X; ''Jesús desenterrado'', ISBN 84-8432-459-1); Bart Ehrman (''Jesús, el profeta judío apocalíptico'', 2001, ISBN 84-493-1027-X); E.P.Sanders (''La figura histórica de Jesús'', 2000, ISBN 84-8169-400-2); [[Geza Vermes]] (''Jesús el judío: los manuscritos leídos por un historiador'', 1994, ISBN 84-7669-213-7; ''La religión de Jesús el judío'', 1996, ISBN 84-7979-201-9); J.P.Meier (''Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico''. I, II 1-2, III. Estella: Verbo Divino, 2001 ss.), entre moitos outros.</ref> que viviu a comezos do [[século I]] nas rexións de [[Galilea]] e [[Xudea]], e foi [[crucifixión de Xesús|crucificado]] en [[Xerusalén]] en torno ao ano [[30]], baixo o goberno de [[Poncio Pilato]].

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en [[Referencias históricas non cristiás sobre Xesús de Nazaret|fontes non cristiás]]),<ref>'Alicia M. Canto, [http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=1684 «Textos históricos sobre Jesús de Nazareth»] (artigo en Celtiberia.net, do 8 de decembro de 2005).</ref> especialmente da utilizada para a composición dos [[Evanxeos sinópticos]], redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.<ref name="existencia">Aínda que a maioría dos historiadores e expertos bíblicos opina que estes datos poden darse por certos, dada a concordancia das fontes, unha minoría de estudosos pon en cuestión a historicidade de Xesús de Nazaret, cuestionando os textos non cristiáns existentes. Por citar só algúns autores que afirman a historicidade de Xesús: [[Raymond E. Brown]] (''La muerte del Mesías'', ISBN 84-8169-485-1); [[John Dominic Crossan]] (''Jesús, vida de un campesino judío'', 1994, ISBN 84-7423-655-X; ''Jesús desenterrado'', ISBN 84-8432-459-1); [[Bart Ehrman]] (''Jesús, el profeta judío apocalíptico'', 2001, ISBN 84-493-1027-X); Gerd Theissen e Annette Merz (''El Jesús histórico'', 2004, ISBN 84-301-1349-5); E. P. Sanders (''La figura histórica de Jesús'', 2000, ISBN 84-8169-400-2); [[Geza Vermes]] (''Jesús el judío: los manuscritos leídos por un historiador'', 1994, ISBN 84-7669-213-7; ''La religión de Jesús el judío'', 1996, ISBN 84-7979-201-9); [[Paul Winter]] (''El proceso a Jesús'', 1983, ISBN 84-85501-50-0).

A negación da existencia de Xesús é unha posición tardía, xa que este non comezou a estudarse como figura histórica, á marxe da relixión, ata o século XVIII. Os principais defensores deste punto de vista son [[Timothy Freke]] e [[Peter Gandy]] (''Los misterios de Jesús. El origen oculto de la religión cristiana'', 2000, ISBN 84-253-3450-0); Earl Doherty (''El puzzle de Jesús'', 2005, ISBN 84-9800-268-0) e, sobre todo, George Albert Wells (''The Historical Evidence for Jesus'', 1988, ISBN 0-87975-429-X); ''The Jesus Myth'', 1998, ISBN 0-8126-9392-2).

A inmensa maioría das enciclopedias e obras de referencia aceptan a historicidade de Xesús. É o caso, por citar un exemplo prestixioso, de ''The New Encyclopaedia Britannica'' (páxs. 360-377, tomo 22, Chicago, 1990. ISBN 0-85229-511-1).

Tamén os defensores da teoría da inexistencia de Xesús recoñecen que a opinión xeneralizada é a contraria. Segundo George Albert Wells, nun artigo publicado en 1999: «It is almost universally accepted that Jesus lived in the opening decades of the first century, taught certain doctrines in Galilee, worked there what were at any rate taken for miracles, and died in Jerusalem, at the behest of the Roman governor Pontius Pilate» (George Albert Wells: [http://www.infidels.org/library/modern/g_a_wells/earliest.html «Earliest christianity»], {{en}}).</ref>

Liña 65:
O ''Evanxeo de Xoán'' só menciona os nomes de nove dos apóstolos, aínda que en varias pasaxes fai referencia a que eran doce.<ref>{{Biblia|Jn|6:67}}, {{Biblia|Jn|6:70}}, {{Biblia|Jn|6:71}}. En diferentes pasaxes cita os seguintes: Simón Pedro, André, os fillos de Zebedeo (é dicir Santiago e Xoán), Filipe, Natanael, Dídimo Tomé, Xudas Iscariote e outro Xudas. Natanael é xeralmente identificado co Bartolomé que mencionan os sinópticos.</ref> Predicou tanto en [[sinagoga]]s como ao aire libre, e o xentío congregábase para escoitar as súas palabras. Entre os seus discursos, destaca o chamado [[Sermón do monte|Sermón da Montaña]], no ''Evanxeo de Mateo'' (Mt 5-7). Utilizou a miúdo [[Parábola (literatura)|parábolas]] para explicarlles aos seus seguidores o Reino de Deus. As [[parábolas de Xesús]] son breves relatos cuxo contido é enigmático (con frecuencia han de ser despois explicadas por Xesús). Teñen en xeral un contido escatolóxico e aparecen exclusivamente nos evanxeos sinópticos.

Entre as parábolas máis coñecidas están: a do sementador (Mt 13,3-9; Mc 4,3-9; Lc 8,5-8), cuxo significado explica Xesús; a da semente que crece (Mc 4,26-29); a do gran de mostaza (Mt 13,31-32; Mc 4,30-32), a da cizalla (Mt 13,24-30), a da ovella perdida (Mt 18,12-14; Lc 15,3-7), a do servo desapiadado (Mt 18, 23-35), a dos obreiros enviados á viña (Mt 20,1-16), a dos dous fillos (Mt 21,28-32), a dos viñadores homicidas (Mt 21,33-42; Mc 12,1-11; Lc 20,9-18); a dos invitados á voda (Mt 22, 1-14), a das dez virxes (Mt 25,1-13) e a [[Parábola dos talentos|dos talentos]] (Mt 25,14-30; Lc 19,12-27), entre outras. Tres das máis coñecidas aparecen só no ''Evanxeo de Lucas'': trátase das parábolas do [[Bo samaritano|samaritano]] (Lc 10,30-37), do [[Parábola do fillo pródigo|fillo pródigo]] (Lc 15,11-32) e a do rico Epulón e o pobre Lázaro (Lc 16, 19-31). Nas parábolas Xesús adoita utilizar imaxes relacionadas coa vida campesiña.

Mantivo controversias con membros dalgunhas das máis importantes seitas relixiosas do [[xudaísmo]], e moi especialmente cos [[fariseos]], a quen acusou de hipocrisía e de non coidar o máis importante da [[Torá]]: a xustiza, a compaixón e a lealdade (Mt 12, 38-40; Lc 20, 45-47).