Hititas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Hammurabi
Liña 103:
O seu sucesor foi '''[[Hattusilis I]]''', igualmente chamado [[Labarnas II]]. Os seus vínculos de parentesco co seu predecesor son pouco claros: algúns pensan que este foi o seu neto, o seu sobriño ou mesmo o seu fillo adoptivo. Rei conquistador, o seu nome indica que establecera a súa capital en [[Hattusa]]. Con el, o reino hitita esténdese polo norte ata o [[mar Negro]] ([[Zalpa]]), polo sur ata [[Arzawa]] e polo leste ata o [[Éufrates]]. É o primeiro rei hitita que atravesou os [[Montes Taurus]] que separan a Anatolia da [[Siria]] actual. Alí destruíu [[Alalah]], vasalo do reino de [[Iamkhad]], cuxa capital era [[Alepo]].
 
[[Mursilis I]] sucede ao seu avó á fronte do reino hitita. Como o seu avó foi un gran guerreiro. Destrúe o poder de [[Iamkhad]], onde destrúe a súa capital [[Alepo]], logo, en 1594 a.C. leva un ataque sobre [[Babilonia]], que captura, provocando a caída da dinastía fundada por [[HamurabiHammurabi]].
 
Pero guerreando lonxe da súa capital, o reino hitita vólvese fráxil e cando '''[[Hantilis I]]''', cuñado de Mursilis, o sucede tras asasinalo, é o inicio dun longo período de problemas. Tras a revolta de [[Karkemish]], os [[hurritas]] do [[Éufrates]] subleváronse e venceron ao soberano. Os [[Gasgas]] fixeron as súas primeiras incursións nas provincias do Norte. O seu sucesor, '''[[Zidantas I]]''', é coñecido ante todo pola súa falla de escrúpulos: para acceder ao trono, non dubidou en asasinar ao fillo e ao neto de Hantili. El tamén ha ser asasinado por '''[[Ammunas]]''', o seu propio fillo, que o vai suceder.