Diferenzas entre revisións de «Cigurat»

Hammurabi
m (→‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB)
(Hammurabi)
Un exemplo de cigurat sólido é o de [[Marduk]], ou [[Torre de Babel]], situado na antiga [[Babilonia]]. Non se conservan restos daquela poderosa estrutura, mais de acordo con achados [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] e fontes históricas, a torre estaba composta por sete pisos multicolores, en cuxo cumio achábase un [[templo]] de proporcións singulares. Acerca dese templo, acredítase que fora pintado en cor [[anil]]. Sábese que había tres escadas que levaban ao templo, e dise que dúas delas ascendían só ata a metade da altura do cigurat.
 
O nome [[Sumeria|sumerio]] para a estrutura era ''[[Etemenanki]]'', palabra que significa "A Fundación do [[Ceo]] e da [[Terra]]". Probabelmente construído baixo as ordes de [[HamurabiHammurabi]], descubriuse que o centro do cigurat de Marduk contiña restos doutros cigurats e estruturas máis antigas. O andar final consistía nun encaixamento de 15 metros de ladrillos reforzados construído polo [[monarca]] [[Nabucodonosor II]].
 
Aínda que os sumerios foron os que inventaron este tipo de templo, todos os demais sucesores no dominio das terras mesopotámicas seguiron a usar o cigurat como única forma de templo. Os casitas erixiron na súa capital Dur-Kurigalzu un dos cigurats mellor conservados de Babilonia. Os asirios leváronnos á súa capital, Asur, onde ergueron un cigurat a [[Enlil]] e cigurats xemelgos no templo de Anu.
92.815

edicións