Paros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Liña 45:
Patria do [[poeta]] [[Arquíloco]] e sede do ''Arquiloqueo'', templo dedicado ao poeta polos seus compatriotas logo de morto. Famosa na antigüidade polo seu mármore.
 
Ao comezo das [[guerras médicas]] a illa dependía de Naxos e estaba á beira de [[Persia]], e enviou unha nave á [[batalla de Maratón]]. Como castigo foi arrasada pola frota ateniense dirixida por [[Milcíades o Mozo|Milcíades]] que pediu un tributo de 100 [[talentoTalento (unidade)|talentos]]s, pero a cidade resistiu e obrigou aos atenienses a retirarse logo de 26 días de asedio. No templo de Deméter en Paros, Milcíades recibiu a ferida da que morreu. Logo da batalla de [[Artemision]], a illa, que continuaba sendo aliada de Persia, mantivo a neutralidade á espera dos acontecementos. [[Temístocles]] impúxolle un tributo ao final da guerra e entrou na [[confederación de Delos]], onde pagaba o tributo máis alto de todas as illas (30 talentos).
 
O goberno foi democrático, dirixido por un senado, pero na época da [[guerra do Peloponeso]], en [[-410]], xa gobernaba a oligarquía, cando foi alí o xeneral ateniense [[Teramenes]] e restaurou a democracia. En [[-387]] entrou na nova confederación ateniense. En [[-385]], en cooperación con [[Dionisio I]] de [[Siracusa]], fundou unha colonia na illa chamada [[Faros (Iliria)|Faros]] en [[Iliria]].