Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei advenimento por chegada
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 192:
=== Derradeiro enfrontamento cos persas ===
==== A Paz de Cimón ====
Neste intre, abriuse un paréntese nas loitas civís, que non terían servido para decidir cal ía ser a potencia hexemónica, pero sumiran no cansazo os contendentes (algúns chaman a estas loitas a primeira guerra do Peloponeso). Atenas precisaba tamén de tranquilidade para levar adiante as súas reformas e rematar a construción das súas murallas, que farían dela a cidade mellor defendida da Grecia. Ao mesmo tempo, reforzou os vínculos da confederación e, aducindo que o tesouro da mesma corría perigo en caso de ataque dos persas, trasladouno para a fortaleza ática, o que supuxo o dominio sobre os seus aliados, que na práctica eran vasalos de Atenas. O tesouro ascendía a 5000 [[talentoTalento (unidade)|talentos]]s e, por iniciativa de Pericles, foi transferido á facenda pública da cidade. Canto ao aludido paréntese da guerra civil, chegouse a un armisticio do que acordou unha duración de 5 anos.
 
Cimón, xa de volta a cidade da súa condena ao ostracismo, organizou unha expedición para conquistar Chipre aos persas. Pero no sitio de [[Citión]], Cimón faleceu por culpa dunha epidemia e houbo que levantar o asedio, polo que Chipre continuou a estar baixo a soberanía [[aqueménida]]. Os persas enviaron unha expedición de castigo, que de novo foi [[batalla de Salamina|derrotada en Salamina]] e asinouse un acordo de paz, chamada de Calias, ou de Cimón, en honor o caudillo recentemente falecido e que supuxo un ''modus vivendi'' cos persas, xa que as dúas potencias trazaron unha liña divisoria que non poderían franquear as naves dun e outro bando.
Liña 214:
 
==== A guerra contra Samos ====
A secesión da illa de Samos, situada fronte ás costas de Xonia, foi un episodio de gran violencia e que fixo tremer o edificio imperial ático. Paradoxalmente, a illa non tiña que tributar, xa que sempre estivera a carón de Atenas dende o principio e mantiña un peculiar sistema oligárquico. Todo empezou por unha disputa entre Samos e Mileto, na que Pericles interveu como mediador, pero en realidade, derrocou o réxime oligárquico e impuxo un democrático. Un grupo de fuxitivos escapou da illa e conspirou cos persas para erguer en contra de Atenas outros territorios, e conseguiuno en Bizancio e a faísca da rebelión estendeuse. Pericles reaccionou rapidamente, reduciu Samos a obediencia, impúxolle [[vasalaxe]] e unha reparación de 1500 [[Talento (unidade)|talentos]]. Bizancio correu parecida sorte, pero outros territorios de Asia Menor perdéronse para sempre. Foi entón cando se implantou a división en cantóns.
 
Esta política alimentou a oposición interior a esta política exterior, pero a posición do estratego era moi forte, polo que as críticas dirixíronse contra o seu círculo, como [[Aspasia]], a súa amante e despois esposa. Contra Fidias, que se tivo que exiliar acusado de estafa. Anaxágoras foi acusado de impiedade por propagar teorías en contra da relixión. Todo acabou coa condena ao ostracismo de [[Tucídides]], o xenro de Cimón e o seu principal opositor.