GNU/Linux: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Hiperenxebrismos/Castelanismos
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-desenrolou +desenvolveu, -desenrolo +desenvolvemento, -Desenrolo +Desenvolvemento)
Liña 4:
O que se coñece habitualmente como sistema operativo Linux é un sistema operativo que nace como variante do sistema operativo UNIX. O UNIX foi e é un sistema operativo moi importante sobre todo no mundo empresarial debido, principalmente, á súa fiabilidade e á seguridade que aporta cando se traballa nun entorno de rede.
 
A finais dos anos 60, os laboratorios de telefonia Bell (unha división de AT&T) traballan xunto con General Electric e o MIT (Instituto tecnolóxico de Massachussets) no desenrolodesenvolvemento de Multics, un proxecto para realizar un sistema operativo de grandes prestacións, multitarea e en tempo compartido. Por diversas razóns, Bell separouse do grupo e Ken Thompson e Dennis Ritchie (empregados de Bell) decidiron continuar independentemente co proxecto para a súa empresa. Así pois, decidironse a desenvolver un sistema operativo que cumprira coa maior parte dos requisitos do proxecto anterior.
 
En 1970, Ken Thompson implementou unha primeira versión escrita na linguaxe [[ensamblador]]a para que funcionase sobre unha máquina DEC PDP-7 (menos potente que os teléfonos móviles actuais). Este sistema operativo, que era multitarefa e que podía soportar a 2 usuarios simultáneamente, denominouse UNIX. Ó estar escrito na linguaxe ensambladora da PDP-7 facía que fose eficiente pero tamén tiña un gran inconvinte: o sistema non podía ser executado noutra máquina que non fose esa, xa que para facer iso posíbel, había que reescribir integramente todo o sistema.