Aleksander Majkòwsczi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
== Traxectoria ==
Aleksander Majkòwsczi naceu no seo dunha familia labrega en Kòscérzëna, entón denominada oficialmente Berent e localizada no ano do seu nacemento na [[provincia de Prusia]]<ref>En 1878 a súa localidade natal pasou a formar parte da nova provincia de Prusia Occidental</ref> do [[Reino de Prusia]]. Foi á escola na súa localidade natal e logo pasou ao centro alemán da localidade para seguir a súa educación secundaria en alemán. Recibiu unha bolsa de estudos dunha asociación de axuda ao estudo de Chełmno e despois continuou a súa educación en Chònice, vivindo en réxime de internado, foi nesa época que adquiriu fondos coñecementos da literatura e historia polaca. En 1895 rematou a educación secundaria e volveu á súa cidade natal.
En [[1897]] comezou a estudar medicina en [[Berlín]] e en  [[1899]]  publicou en [[Gdańsk]] o seu primeiro libro en caxubio, a sátira co título de ''Jak w Koscérznie koscelnygo obrele abo Pięc kawalerów a jedna jedyno brutka '' mais tamén nese ano publicou o poema longo en polaco ''Pielgrzymka wejherowska''. En [[1900]] trasladouse a Greifswald para continuar a carreira e alí entrou en contacto cunha pequena organización socialista polaca, Zet, e ao ano seguinte coa asociación de estudantes „Adelphia”, que tiña tamén un forte contido político. Expulsado<ref>[https://literat.ug.edu.pl/remus/0101.htm Andrzej Bukowski "Życie i twórczość Aleksandra Majkowskiego"] Wirtualna Biblioteka Literatury Polskiej</ref> da universidade polas súas actividades políticas tivo que continuar os seus estudos en Múnic. A partir de [[1902]] participou nas actividades da Asociación de Estudantes Polacos e fundou a sociedade Vistula e para o ano seguinte rematou a licenciatura de medicina.
 
En Zúric redactou a súa tese doutoral sobre a contaminación do sague no saturnismo crónico. En [[1904]] defendeu a súa tese doutal e deseguido volveu a [[Gdańsk]] para completar o seu ano de prácticas nun hospital da cidade. Entrou en contaco coa vida cultural da cidade e en 1905 aceptou o posto de redactor xefe do xornal ''Gazeta Gdańska'' e do seu suplemento en lingua caxubia ''Drużba. Pismo dlö polscich Kaszubów''; tamén nese ano realizou unha escolla da súa poesía que publicou en Poznan como ''Spiewe i frantówci''. En [[1906]] volveu á súa localidade natal para exercer a medicina privada. En [[1908]] comezou a publicar a revista mensual ''Gryf''; nas súas páxinas formulouse o programa social, cultural e político para o rexurdimento do pobo caxubio baixo o réxime prusiano e para contrarrestar a súa xermanización, fundamental foi o artigo, de 1909, "Ruch młodokaszubski” que constitúe un chamamento á intelectualidade caxubia para organizarse na procura de activar a conciencia nacional no seo do pobo [[Pobo caxubio|caxubio]], sempre en íntima unión cos polacos, na época un pobo sometido. En 1911 estableceuse en Sopot, e alí exerceu tamén como médico. En 1912 fundou a Sociedade dos Caxubios Novos en [[Gdańsk]], que tiña como lema "Se é caxubio é tamén polaco". Ao ano seguinte estableceu o Museo Caxubio-Pomeranio en Sopot e publicou en Varsovia unha guía de Caxubia titulada ''Zdroje Raduni. Przewodnik po tak zw. Szwajcarii Kaszubskiej''.