Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
O '''País Vasco'''<ref>{{DRAG|vasco}}</ref> ou '''Euskadi'''<ref>{{DRAG|nacionalidade}}</ref> (en [[Lingua éuscara|éuscaro]]: ''Euskal Herria'' ou ''Euskadi'', en [[lingua castelá|castelán]]: ''País Vasco'' ou ''Euskadi''), tamén coñecido como '''Comunidade Autónoma Vasca''' (en [[lingua éuscara|éuscaro]]: ''Euskal Autonomia Erkidegoa'', en [[lingua castelá|castelán]]: ''Comunidad Autónoma Vasca''), é unha [[comunidade autónoma]] [[España|española]] situada no extremo nororiental da costa [[Mar Cantábrico|cantábrica]]. Limita con [[Cantabria]] e [[Castela e León]] ([[provincia de Burgos]]) ao oeste, con [[Navarra]] ao leste, coa [[A Rioxa|Rioxa]] ao sur, e co [[Golfo de Biscaia]] ([[mar Cantábrico]]) e [[Francia]] ao norte.
 
Está formado por tres provincias, tamén coñecidas como territorios históricos, que son [[Guipúscoa]], [[Biscaia]] e [[Áraba]], que tamén son territorios históricos de [[Euskal Herria]]. As súas respectivas capitais son [[Donostia]], [[Bilbao]] e [[Vitoria]]. A capital, e tamén sede do [[Parlamento Vasco|Parlamento]] e do [[Goberno Vasco|gobernoGoberno]] autonómicos, é [[Vitoria]], ementres que a cidade máis poboada é [[Bilbao]].
 
Ten unha historia milenaria de orixes incertas e a súa lingua propia, o [[lingua éuscara|éuscaro]]<ref>O [[lingua éuscara|éuscaro]] é unha lingua non [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]] que conta coa súa propia [[:eu:|Wikipedia]].</ref>, é a lingua máis antiga de [[Europa]] falada hoxe en día e a única illada do continente. É considerado unha [[nacionalidade histórica]] recoñecida na [[Constitución española de 1978|Constitución española]] con estatuto de comunidade autónoma. A constitución tamén recoñece os seus foros históricos, de orixe medieval. Hai unha forte forza do [[nacionalismo]] e [[independentismo]], tanto politicamente de esquerdas (chamado [[abertzale]]) como de dereitas.
46.319

edicións