Paco Buyo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
*plantilla > cadro . / Outros axustes.
Liña 69:
Nos seus comezos no [[Ural CF]], Buyo xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo. Ó ano seguinte fichou polo [[Betanzos CF]], onde permaneceu ata a súa fichaxe polo [[Real Club Deportivo Mallorca|Mallorca]]. Non tardou en fixarse nas súas cualidades como porteiro o [[Deportivo de La Coruña]], que entón xogaba na [[segunda división española|Segunda División]], e que xa intentara facerse cos seus servizos. Esa tempada debutou como internacional sub-21, participando posteriormente nos [[Xogos Olímpicos de 1980]] de [[Moscova]].
 
Buyo permaneceu na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó [[Sociedad Deportiva Huesca|Huesca]] mentres realizaba o servizo militar en [[Jaca]]. Na tempada 1980–81 deu o salto á [[primeira división española|Primeira División]], fichando polo [[Sevilla Fútbol Club|Sevilla]], e acadando en seguida a titularidade. Militaba no equipo do hispaliense cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con [[España]], defendendo osas colorescores da [[Selección de fútbol de España|selección]] no histórico partido España-Malta que daría o pase áao escadraequipo vermellavermello para a [[Eurocopa]] de 1984, e encaixando un gol, o que probablemente lle pechou o camiño a seguir na Selección.
 
A súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o [[Real Madrid Club de Fútbol|Real Madrid]], que se fixo cos seus servizos en 1986. Neste club recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996. En 1997 abandonou ao plantillacadro merengue e colgou as botas.
 
Foi un dos porteiros máis seguros e espectaculares da [[Liga española de fútbol|Liga]]. Destacou especialmente en partidos como o disputado fronte á [[Juventus]] no [[Estadio Santiago Bernabéu|Santiago Bernabéu]] na Copa de Europa de 1986–87. Xogou en total 542 partidos en Primera División, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos.