Gales: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Comezo corrección lingüística
Liña 54:
== Historia ==
=== Colonización ===
Os primeiros seres humanos que habitaron o que agora é País de Gales chegaron cara ó final da [[Idade do xeo]] pasada. A primeira mención histórica pertence á ocupación romana de Gran Bretaña. Naquel momento a área do País de Gales moderno atopábase dividida en moitas tribos, das cales os silures no sueste e os ordovicos nas áreas centrais e do noroeste eran das máis grandes e maior alcance. Os romanos estableceron unha cadea de fortalezas a través do que agora é o País de Gales meridional, ata Carmarthen (Caerfyrddin; Latín: Maridunum), extraendo ouro das minas en Dolaucothi en Carmarthenshire. Hai probas de que progresaron incluso no oeste máis afastado. Tamén construíron un cuartel de lexión en Caerleon (latín: Isca Silurum), onde se atopa o anfiteatro mellor preservado de Gran Bretaña. No conto medieval galés "Breuddwyd Macsen Wledig" afírmase que Magno Máximo (Macsen Wledig), un dos emperadores romanos occidentais, estaba casado con Helen, a filla dun cacique galés de Segontium, Caernarfon actual. O cristianismo chegou ao País de Gales no [[século IV]].
 
Despois da retirada romana de Gran Bretaña en 410, moitas das terras baixas víronse invadidas por varias tribos xermánicas. Porén, Gwynedd, Powys, Dyfed e Seisyllg, Morgannwg, e Gwent xurdiron como estados independentes. Resistiron, en parte debido ás características xeográficas favorables tales como altiplanicies, as montañas, os ríos e unha sociedade resistente que non se derrubou co final da civilización romana. Esta supervivencia tenaz dos Romanoromano-Britanosbritanos e dos seus descendentes nos reinos occidentais ía converterse na fundación do que hoxe en día coñecemos como País de Gales. Coa perda das terras baixas, a mans dos reinos de anglosaxóns de Mercia e Northumbria, e de Wessex máis tarde, loitaron contra os reinos de Powys, Gwent, e Gwynedd para definir a fronteira entre os dous pobos.
 
Fóronse perdendo moitas das terras medias do oeste a mans de Mercia no [[século VI]] e a comezos do [[século VII]], será cara a finais deste século como un renacente Powys comprobe o auxe do reino de Mercia. Aethelbald de Mercia, mirando para defender as terras que lles arrebatara recentemente, construíu a muralla de Wat ( Wat's Dyke). Segundo Juan Davies, este esforzo puido levarse a cabo con acordo do mesmo rei Elisedd ap Gwylog de Powys, polo cal, ó marcarse a fronteira, estendería o seu territorio dende o norte do val de Severn ó esteiro do [[río Dee]], concedendo Oswestry ([[Lingua galesa|Galés]]: Croesoswallt) a Powys. O Rei Offa de Mercia pareceu continuar esta iniciativa consultiva cando el creou un traballo máis grande, agora coñecido como dique de Offa´s Dyke ([[Lingua galesa|Galés]]: Clawdd Offa). Davies escribiu o estudo de Cyril Fox acerca do seu trazado:
 
"Na súa formulación, había un grao de consulta cos reis de Powys e de Gwent. Na alta montaña preto de Trelystan, o dique vira ó leste, deixando eses fértiles terreos nas mans de Gales; preto de Rhiwabod, foi deseñado para asegurarse de que Cadell ap Brochwel mantivese a posesión da fortaleza de Penygadden. E para Gwent Offa tiña o dique construído claramente coa intención de recoñecer que o curso do río Wye e o seu tráfico pertencían ó reino de Gwent".