Armando Cotarelo Valledor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 42:
En [[1907]] deu o discurso de apertura do curso universitario 1907-1908 da [[Universidade de Santiago de Compostela]] coa lectura de "''La leyenda de doña Estefanía la desdichada''".
 
Foi un dos promotores da [[Exposición Rexional de 1909]] e da Exposición de Arte de [[1926]]. Creou e dirixiu a revista ''[[Ultreya (revista)|Ultreya]]'', activa entre 1919 e 1920. En [[1920]] foi elixido membro da [[Real Academia Galega]] (aínda que non chegou a tomar cargo), á que representou na [[Real Academia Española]] en [[1929]] xunto con [[Ramón Cabanillas]]. En [[1942]] foi elixido membro da [[Real Academia de la Historia]].<ref name="RAH">[[Alfonso Mato|{{Versaleta|Mato}}, Alfonso]]. [http://www.rah.es/armando-cotarelo-valledor/ "Armando Cotarelo Valledor"] ''Diccionario Biográfico Español.'' Real Academia de la Historia {{Es}}.</ref>
Participou no movemento [[galeguismo (política)|galeguista]] e foi membro activo das [[Irmandades da Fala]]. Foi membro fundador, primeiro presidente do [[Seminario de Estudos Galegos]] ([[1923]]-[[1925]]) e a persoa quen lle deu nome ao seminario<ref>Tobío, Lois: ''As décadas de TL'', Ediciós do Castro, 1994, páxinas 124</ref>. En [[1925]] trasladouse a Madrid como catedrático da Universidade, deixando a presidencia do Seminario.