Eslovenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Relixión: arranxiños
m →‎Relixión: arranxiño
Liña 233:
Antes da [[segunda guerra mundial]] o 97% dos eslovenos considerábanse católicos, o 2,3% protestantes e o 0,6% ortodoxos<ref>[http://www.stat.si/popis2002/gradivo/2-169.pdf Šircelj, Milivoja (2003). ''Verska, jezikovna in narodna sestava prebivalstva Slovenije: Popisi 1921-2002'' (PDF) (2). Statistični urad Republike Slovenije]</ref>, o [[catolicismo]] como relixión tradicional dos eslovenos tiña unha grande importancia na vida social e política. Despois de 1945 o país foi cara a un proceso de gradual pero continua [[secularización]], e tras unha época de persecución da vida relixiosa, o réxime comunista adoptou unha política de relativa tolerancia cara ás igrexas, limitando porén as súas funcións sociais. Na década de 1990 logo da caída do comunismo, a igrexa católica renovou algo a súa antiga influencia, pero Eslovenia permanece con moito unha sociedade secularizada. Segundo o censo de 2002 un 57,8% da poboación declárase católica, como no resto de Europa é unha porcentaxe que está a diminuír, así no censo de 1991 era do 71,6%. A inmensa maioría dos católicos son do [[Igrexa católica latina|rito latino]], hai uns 1600<ref>[http://www.druzina.si/icd/spletnastran.nsf/all/748D8CEFC0F98732C12578870032C1CE?OpenDocument "Vzhodna liturgija v ljubljanski stolnici ob 400. obletnici Križevske eparhije" ''Družina'', 6 de maio de 2011]</ref> [[Igrexas católicas orientais|greco católicos]], pero as dúas únicas igrexas, con arredor de 500 fieis, están na rexión de [[Carniola Branca]]<ref>[http://www.belokranjec.si/novice/pogovarjamo-se-z-mihajlom-jozafatom-hardijem/478 "Pogovarjamo se z ... Mihajlom Jozafatom Hardijem" ''Belokrajec na spletu'', 21 de decembro de 2010]</ref>.
 
A pesar de ser os protestantes relativamente poucos, historicamente exerceron unha grande influencia na conformación da lingua estándar eslovena e na súa literatura, que ten a súa orixe na reforma protestante do século XVI. Un 0.9% dos eslovenos declarábanse protestantes en 2002, a maioría pertencentes á [[Igrexa luterana eslovena]] que ten un bispo e que ten unha presenza significativa no leste da rexión de [[Prekmurje]]. Os xudeus, aínda que sen formar unha gran comunidade, estiveron presentes historicamente no país pero tras o [[Holocausto]] e a desaparición de [[IusgoslaviaIugoslavia]] só quedou unha sinagoga activa na capital<ref>[http://www.jewishvirtuallibrary.org/jsource/vjw/slovenia.html "The Virtual Jewish History Tour - Slovenia". Jewishvirtuallibrary.org. 4 de marzo de 2003. Consultado o 30 de marzo de 2014.]</ref>.
 
Segundo o censo de 2002 o [[islam]] é a segunda comunidade relixiosa do país, á que pertencen arredor do 2,4% da poboación, a maioría procede de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]], [[Kosovo]] e [[República de Macedonia|Macedonia]].<ref>{{cita web|url=http://www.islamska-skupnost.si/index.php?option=com_content&view=article&id=1&Itemid=2 |title=Islamska Skupnost v Republiki Sloveniji |publisher=Islamska-skupnost.si |date= |accessdate=2 de xuño de 2012}}</ref> A terceira denominación, con arredor do 2,2% da poboación é a [[Igrexa ortodoxa|ortodoxa]], a maioría membros da [[Igrexa ortodoxa serbia]] e unha minoría da [[Igrexa ortodoxa macedonia|Macedonia]].