Sistema de estudios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo básico de en.wikipedia.org/wiki/Studio_system
 
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''sistema de estudios''', en vigor durante o período coñecido como a Idade de Ouro de Hollywood, é un método de produción e distribución cinematográficas dominado por un pequeno número de grandes estudios de [[Cinema dos Estados Unidos de América|Hollywood]] ("majors"). Aínda que a expresión aínda se emprega como referencia ao sistema dos grandes estudios, historicamente refírese á practica dos grandes estudios entre as décadas de 1920 e 1960 que producían filmes principalmente cos seus propios cineastas, con contratos de larga duración, e dominaban a exhibición a través da [[integración vertical]], é dicir, a posesión do control definitivo das [[distribución cinematográfica|distribuidoras]] e [[sala de cinecinema|exhibidoras]].
 
O sistema de estudios foi desafiado polas leis [[antimonopolio]] nunha [[United States v. Paramount Pictures, Inc.|resolución da Corte Suprema de 1948]] que pretendía separar a produción da distribución e da exhibición e rematar con estas prácticas, provocando a fin do sistema de estudios. En 1954, coa televisión competindo polo público e a última ligazón entre unha gran produtora e unha cadea de cines, a era do sistema de estudios estaba rematada.