Abrir o menú principal

Cambios

→‎Traxectoria: pé de foto
A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en [[Valladolid]], a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.<ref>{{Cita web|url=https://elpais.com/diario/2008/10/23/galicia/1224757104_850215.html|xornal=El País|data=23 de outubro de 2008|lingua=es|título=Homenaje al mito guerrillero}}</ref> Con 16 anos trala morte da súa avoa exilouse en París.
 
[[Ficheiro:Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg|miniatura|FusilMauser de Foucellas demodelo 1910 e calibre 19527, no Museo Militar da Coruña.]]
Nos anos [[1950]] e [[1951|51]], xa moi minguados os destacamentos [[guerrilleiro]]s, trasládase á zona de [[Betanzos]], en compañía de [[Manuel Vilar Arnoso]], ''Manolito'', que lle servía de único enlace. O [[9 de marzo]] de [[1952]] é detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Concello de Oza dos Ríos|Oza dos Ríos]], resultando mortos ''Manolito'' e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.
 
Usuario anónimo